spot_img
InicioPontevedra e ÁreaUn 20% das vítimas en accidentes de tráfico deste verán en Galicia...

Un 20% das vítimas en accidentes de tráfico deste verán en Galicia non levaba posto cinto de seguridade

delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez

 

O delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, realizou onte un balance dos datos provisionais de sinistralidade na Comunidade Autónoma relativos aos meses de xullo e agosto. O delegado estivo acompañado pola coordinadora da DXT en Galicia, Vitoria Gómez; e polo xefe da Agrupación de Tráfico da Garda Civil en Galicia, o tenente coronel Francisco Javier Molano.

O delegado do Goberno indicou que, segundo os datos provisionais dos que dispón a DXT nestes momentos, nos meses de xullo e agosto de 2014 perderon a vida nas vías interurbanas galegas un total de 20 persoas. Samuel Juárez aclarou que a cifra de 20 falecidos que reflicte a estatística provisional verase reducida en 4 persoas na estatística definitiva unha vez cheguen á DXT os certificados das probas forenses practicadas ás vítimas que apuntaron que faleceran por causas naturais, e alleas, por tanto, ao accidente de tráfico.

 As estatísticas provisionais contabilizan 20 vítimas mortais. Non obstante ese número verase reducido en 4 persoas, cuxas probas evidencian que faleceron por causas alleas ao tráfico

En canto ás circunstancias dos accidentes, o delegado do Goberno apuntou que a maior parte dos mesmos debéronse a colisións con outros vehículos (un 30%) ou a choques (un 20%) e, en menor medida, ás saídas de vía ou vuelcos e atropelos. Destacou que seguen estando presentes as circunstancias habituais neste tipo de sinistros: concorrencia de velocidade excesiva, distraccións e alcol. Ademais, como dato reseñable e de reflexión, o delegado do Goberno apuntou que, do total de vítimas mortais, un 20% non levaba posto o cinto de seguridade.

Con respecto ao tipo de vía, Samuel Juárez explicou que a maior parte dos accidentes mortais producíronse en vías convencionais destacando a especial incidencia en camiños veciñais, onde se rexistraron 6 accidentes mortais este verán. Tamén se detectou un aumento dos accidentes mortais no colectivo de motocicletas, con 6 rexistrados nestes últimos dous meses, vinculados ao lecer de fin de semana e ao aumento do uso destes vehículos durante o verán.

 A maior parte de vítimas mortais prodúcese nas franxas de idade de 30-44 anos e de 45-64 anos

O delegado do Goberno completou este balance da Campaña de Verán cos datos de controis de alcoholemia e de drogas entre os condutores. Así, Samuel Juárez destacou entre xullo e agosto realizáronse máis de 120.000 probas de alcoholemia con 2.376 positivos mentres que no ano 2013, con menor número de probas (115.000) rexistráronse maiores positivos (2.434). En canto ás probas de drogas, que se realizan só a aqueles condutores que evidencien unha sintomatología asociada ao consumo destas sustancias, efectuáronse nestes dous meses 496 probas.

BALANCE XANEIRO-AGOSTO

O delegado do Goberno concluíu que o balance de sinistralidade viaria respecto do primeiros oito meses do ano arroxa un comportamento similar ao do ano pasado (57 falecidos de xaneiro a agosto de 2014 fronte aos 58 rexistrados no mesmo período de 2013).

Tamén informou que nos próximos meses desenvolveranse campañas especiais de control do uso do cinto e de sistemas de retención infantil, consumo de alcol e drogas e transporte escolar. Estas campañas, programadas a nivel nacional pola DXT, poderanse complementar en Galicia con outras específicas como o uso de elementos de seguridade en peóns para previr atropelos, que, destacou Juárez, deu resultados aceptables en anos anteriores.

- Publicidade -spot_img