Tui-Valença seguen a apostar polo seu proxecto de Eurocidade programando conxuntamente un total de 35 eventos deportivos para este ano

tui-valenca-seguen-apostar-polo-seu-proxecto-eurocidade-programando-conxuntamente-total-35-eventos-deportivos-este-anoHoxe presentouse en rolda de prensa conxunta o Calendario Deportivo da Eurocidade 2018  que contará  trinta e cinco eventos deportivos, de dezanove modalidades deportivas

Na presentación que tivo lugar na Escola Superior de Ciencias Empresarias de Valença, estiveron presentes o presidente da Cámara Municipal de Valença, Jorge Salgueiro, o alcalde do Concello de Tui, Carlos Vázquez, a deputada provincial, Chelo Besasa, o delegado provincial para o Deporte da Xunta de Galicia, Daniel Benavides, os concelleiros de deportes de Tui e Valença, Andrés Urseira e José Monte, Vítor Dias, Director Regional Para o deporte e os responsables dos clubs e empresas organizadoras dos eventos. Todos eles coincidieron, en destacar e o se compromiso co proxecto de Eurocidade. Falouse tamén de importancia da implicación das Federacións e Asociacións deportivas de ambos paises para poder levar adiante estos eventos.

Automobilismo, fútbol, motociclismo, bicicleta de montaña, andainas, baloncesto, pádel, atletismo, judo, kung fu, natación, balonmán, hockei, tenis, remo, orientación, trail, baile deportivo e xadrez son as modalidades deportivas incluídas nesta ampla oferta deportiva da Eurocidade.  As probas previstas desenvolveranse en Tui, Valença, o río Miño e tamén no espazo aéreo das dúas cidades.

Tui-Valença seguen a apostar polo seu proxecto de Eurocidade programando conxuntamente un total de 35 eventos deportivos para este anoO concelleiro de Deportes de Tui, Andrés Urseira, destacou que o deste 2018 é o calendario deportivo máis ambicioso da Eurocidade, sinalando que se trata dunha proposta única en Europa entre dúas cidades de dous países, que contempla unha media de tres probas ao mes. Animou o edil a seguir a liña de colaboración marcada no ámbito Deportivo pola Eurocidade por outras áreas coma a da Cultura, a Educación ou os Servizos Sociais.  Pola súa parte o vereador de Desporto de Valença, José Monte, tivo palabras de agradecemento para os clubs e empresas que se involucraron neste calendario Deportivo polo seu apoio e colaboración, e nunha aposta polo deporte coma saúde convidou a Tui a sumarse ao programa “Saúde e movemento” que levan a cabo no seu municipio.

O xefe de deportes da Xunta, Daniel Benavides, ofreceu a súa colaboración para levar a cabo en Tui e Valença as unidades didácticas de montañismo que se levan a cabo noutra zona da provincia.  A deputada de Deportes, Chelo Besada, indicou que na Eurocidade Tui-Valença o deporte serviu coma un auténtico dinamizador, sendo quen de derrubar as fronteiras físicas. O director rexional do Instituto Portugués do Desporto, Vitor Diás, salientou que as Eurocidades coma Tui-Valença son cada vez máis pezas fundamentais para lograr a cohesión dun territorio, gañar en economías de escala e ser competitivos.

Finalmente, o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, destacou como o deporte ten sido a punta de lanza da colaboración entre as dúas cidades, facendo fronte nalgúns casos ás dificultades burocráticas que teñen atopado. Por este motivo apuntaba o seu parecer a favor de constituír unha entidade xurídica entre Tui e Valença, que permita profundar na colaboración, compartir servizos, e lograr economías de escalas para unha cidade de 33 mil habitantes. Tamén tivo palabras de recoñecemento para os impulsores deste calendario o exconcelleiro tudense, Nicolás Monte, e o vereador de Desporto, José Monte. Pola súa banda o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, salientou que Tui e Valença son un exemplo de excelentes relacións de cooperación entre os municipios e outras institucións. E afirmou que a Eurocidade Valença-Tui é unha marca do presente para o futuro.

Entre as novidades está a Epic Race, un campionato de Yolas de remo, ou o Campionato Ibérico de Enduro Sprinttui-valenca-seguen-apostar-polo-seu-proxecto-eurocidade-programando-conxuntamente-total-35-eventos-deportivos-este-ano

35 eventos deportivos, en 19 modalidades, dan corpo ao programa da Eurocidade do Deporte 2018. Esta é una aposta concertada de Valença e Tui e das suas  asociaciones deportivas na consolidación do proxeto da Eurocidade, o programa deportivo transfronteirizo mais completo da Unión Europea.

Entre as novidades que se presentan para este ano está a Epic Race, unha das probas máis duras de Btt que se celebran en España e que contempla un percorrido de 550 quilómetros en tres días por parte dos participantes.  Amais por vez primeira celebrarase unha proba de iolas de remo en augas do río Miño cun campo de regatas completamente visible para o público. Tamén se incorpora o Campionato Ibérico de Enduro Sprint, unha proba de orientación no casco histórico de Tui e nas murallas de Valença, o un swimrun, unha proba singular e espectacular na que os deportistas combinan tramos a nado e correndo coa mesma indumentaria. Tamén se recuperará o Rallie da Eurocidade.

O calendario deportivo da Eurocidade abriuse o pasado día 3 de febreiro coa celebración da primeira proba do TT Eurocidade na que participaron 150 todos terreos, a segunda proba terá lugar o 24 deste mes para motos.  Tamén este mes, o día 17 celebrarase a III Taça de San Teotonio na que se enfrontarán o Valenciano e o Tyde co gallo da festividade de San Teotonio en Valença, este encontro terá outro similar en Tui durante as festas de San Telmo coa III Copa San Telmo o 7 de abril.

Un calendário de eventos deportivos transfronteirizos que é o reflexo dunha dinámica deportiva crecente concretizada polas distintas asociacións das duas cidades, com o respaldo da Eurocidade.

Calendário Eventos Desportivos Eurocidade 2018

3 fevereiro- II TT Eurocidade – Jipes
17 fevereiro – III Taça São Teotónio
24 fevereiro – II TT Eurocidade – Motas
4 março – VII BTT Eurocidade
Trilhos Eurocidade (Trilho Sabores da Lampreia-18 março; Andaina San Telmo – 7 abril; Trilho da Fortaleza – 6 maio; Trilho do Aloia ao Faro (noturna) – 28 julho;  Ruta Histórica  de Tui (noturna) – 11 agosto;  Trilho de Boivão – 2 setembro; Andaina da Pedra Santa – 6 outubro)
24 a 26 de março – IV Torneio Eurocidade Basquetebol
7 abril – III Taça San Telmo
7 abril  – Epic Race
10 junho  – VII Eurocidade 10
17 junho  – VII Torneio de Futebol de 7 Eurocidade
24 junho – V Torneio de Kung Fu Eurocidade
30 junho – Swin&Run Eurocidade
Julho – II Festival Aéreo
7 julho –  IV Torneio de Judo Eurocidade
29 julho – III Descida de Boias da Eurocidade
Agosto – VI Torneio de Andebol Eurocidade
4 agosto – Travessia a Nado Eurocidade
Setembro –  V Torneio de Hóquei Eurocidade
Setembro – IV Torneio de Xadrez Eurocidade
Setembro e outubro  – V Torneio de Ténis Eurocidade
14 outubro – I Prova de Orientação Eurocidade
Novembro – V Torneio de Baile Desportivo Eurocidade
Novembro – Rali Eurocidade
10 novembro – III Trail Noturno Eurocidade
Dezembro – Troféu Natação Eurocidade
Dezembro –  II Concentração Motar Eurocidade
Dezembro –  I Campeonato de Portugal e Espanha de Enduro Sprint
Dezembro – I Campeonato de Yole Eurocidade
Dezembro – II Liga Padel Eurocidade

 

Please follow and like us:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies