spot_img
InicioBaixo MiñoTui recupera a súa Festa do Meixón

Tui recupera a súa Festa do Meixón

tui-recupera-sua-festa-do-meixonDende hoxe 24 de marzo e até o luns 9 de abril celébrase en Tui a Festa do Meixón. Con este evento gastronómico, presentado esta mañá, búscase “recuperar e consolidar unha tradición gastronómica que nos facía singulares e nos facía importantes” en palabras do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín.

Durante 17 días cinco restaurantes, Asador Paulo, O Novo Cabalo Furado, Cruceiro do Monte, El Molino e La de Manu, ofrecerán a ración de meixón, acompañada de pan e viño Remesal, ao prezo de 55€. Será preciso reserva previa.

Na presentación realizada no Teatro Municipal de Tui dúas veteranos cociñeiras Pilar Blanco de El Molino, e Nieves Silva do Cruceiro do Monte foron as encargadas de preparar o meixón que servirán para a festa as empresas Delicias del Miño e Ángulas Río Miño, amosando a súa mestría na elaboración dun produto que  cualificaron de gran calidade. Tamén estiveron presentes Laura Méndez de El Molino, María Domínguez de O Novo Cabalo Furado, Paulo Salvado de Asador Paulo e Manu Garrido de La de Manu, xunto a concelleiros tudenses, e o vereador de Cultura de Valença, José Monte.

tui-recupera-sua-festa-do-meixonO alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, explicou na presentación que o concello quere darlle un protagonismo especial a este evento gastronómico, de aí a presentación realizada esta mañá, sinalando que “as festas gastronómicas singulares son un elemento dinamizador do turismo e da cultura fundamentais”, engadindo que “Tui ten a gran sorte de estar vinculada coa tradición do meixón, un produto singular e excepcional, e hai que buscar a fórmula para que isto se poida consolidar”.  Engadía que facer a festa nos restaurantes “da un percorrido moi importante de atracción da xente a Tui, enlazando coa Semana Santa, o que é tamén un activo moi importante, e logo continuando xa durante as festas de San Telmo”. Concluía afirmado que “imos facer máximo esforzo para que a Festa do Meixón sexa un éxito e o ano que vén poder continuar e consolidar este proxecto que é revitalizar a festa do meixón”.

- Publicidade -spot_img