spot_img
InicioBaixo MiñoTui e Valença presentan a sexta edición da Eurocidade 10

Tui e Valença presentan a sexta edición da Eurocidade 10

tui-e-valenca-presentan-a-sexta-edicion-da-eurocidade-10O domingo, 11 de xuño, celebrarase a sexta edición da Eurocidade 10 organizada polo Club Atletismo Tui Thermalia e a  Eurocidade Tui-Valença.

A saída será ás 11h hora española carón da vella Ponte Internacional en Valença ao onde regresarán os participantes tras completar o percorrido de 10 quilómetros polas murallas de Valença, a propia Ponte, a beira do Miño e o conxunto histórico de Tui. Os primeiros atletas prevese que empreguen entorno a 30 minutos para completar o percorrido entre os dous países cun percorrido nun entorno natural e patrimonial único.  A inscrición está aberta ata o mércores, 7 de xuño, en Champion Chip Norte cun prezo de 4€, dos que parte serán doados a unha entidade social.

A proba foi presentada esta mañá polo alcalde accidental de Tui, Miguel Capón Rey, os responsables de Deportes de Tui e Valença, Laureano Alonso e José Monte, e polo presidente do Club Atletismo Tui Thermalia, Rafael Pérez.

tui-e-valenca-presentan-a-sexta-edicion-da-eurocidade-10

Miguel Capón Rey destacou que esta proba aglutina deporte e saúde nun marco único que se presta para esta actividade, e que serve ao tempo para promocionar a Eurocidade Tui-Valença. Laureano Alonso, concelleiro de Deportes de Tui, apuntou o triple carácter desta proba popular que aglutina nun mesmo evento deporte, solidariedade e turismo. Mentres o vereador de Desporto de Valença, José Monte, salientou que a presentación deste evento inicia a promoción do mesmo para atraer a atletas a unha proba que atravesará a vella Ponte Internacional entre Portugal e España.

Rafael Pérez, presidente do Club Atletismo Tui, salientou que a Eurocidade 10 vaise consolidando no calendario galego. Haberá catro categorías sub 23, senior, veteranos A e veteranos B. Por segundo ano establécense premios en metálico para os gañadores absolutos da categoría masculina e feminina de 150€, 100€ e 50€  para o primeiro, segundo e terceiro respectivamente. Sinalou amais que agardan reunir a 400 atletas nesta competición o próximo 11 de xuño.

tui-e-valenca-presentan-a-sexta-edicion-da-eurocidade-10

 

 

 

- Publicidade -spot_img