spot_img
InicioBaixo MiñoTui celebra o Día das Letras Galegas coa XX Feira do Libro...

Tui celebra o Día das Letras Galegas coa XX Feira do Libro Galego

tui-celebra-o-dia-das-letras-galegas-coa-xx-feira-do-libro-galegoTui celebra mañá o Día das Letras Galegas cunha serie de actos que terán coma escenario o Paseo da Corredoira. Ás 11h terá lugar a apertura da XX Feira do Libro Galego na que haberá unha véntena de  postos e ao longo do día desenvolverase un amplo programa de actividades con actuacións musicais, contacontos e obradoiros.

A feira será inaugurada ás 11h polo ilustrador Xosé Tomás. Están previstas diversas actuacións musicais ao longo do día do grupo de pandereteiras As Dabadía de Caldelas, a Coral Ponte das Febres de Ribadelouro, o grupo O Mosteiro de Pexegueiro, o grupo Saragana da Asociación X.C. do Traxe de Tui, e da Coral do Centro Sociocomunitario de Tui.  Os máis pequenos poderán participar nos obradoiros “A Galiña Azul” de 11.30h a 13.30h e de marcapáxinas “Imaxina e crea” de 17 a 19h. Haberá dúas sesións de contacontos ás 12h con  Fran Rei coa “A Galiña Azul” e ás 18.30 h con Daboapipa baixo o título de  “Contos e lerias”. Ás 19.30 h está previsto o espectáculo de circo de rúa “Manualidades” con Manu Lago.  A Radio Municipal de Tui fará un programa especial en directo dende a feira entre ás 11 e ás 13h.

Tamén na Corredoira poderán verse os paneis sobre Carlos Casares realizados polos centros escolares tudenses, así coma unha cronoloxía do autor homenaxeado realizada polo IES San Paio. Amais haberá unha exposición de “Maios” que elaboraron os escolares, na praza da Inmaculada. Co gallo desta XX Feira do Libro Galego, apuntou que, se editaron 5 mil marcapáxinas nos que se inclúe a programación a desenvolver o 17 de maio que serán distribuídos nos colexios e na propia feira.

De forma paralela durante todo o día no Paseo da Corredoira cara á Glorieta de Vigo celebrarase unha feira de antigüidades con pezas rústicas, prata, louza, cerámica, mobles, xoias, selos…

XX Feira do Libro Galego

Data: Mércores, 17 de maio de 2017

Lugar: Paseo da Corredoira

20 postos das librarías Espazo Lector Nobel, Iris e Valverde

Exposición de “Maios” e de paneis sobre Carlos Casares realizados polos centros educativos tudenses.

Programa:

Ás 11.00 h Apertura a cargo de Xosé Tomás

Ás 11.10 h Grupo de pandereteiras As Dabadía de Caldelas

Ás 11.30 h Coral Ponte das Febres

De 11 a 13 h Emisión especial en directo da Radio Muncipal de Tui

De 11.30 h a 13.30h Obradoiros “A Galiña Azul” con Chirlomirlo

Ás 12.00 h Contacontos con Fran Rei “A galiña azul”

Ás 13.00 h Grupo folclórico “O Mosteiro” de Pexegueiro

De 17 a 19 h Obradoiro de marcapáxinas “Imaxina e crea” dirixido a nenos de 4 a 14 anos

Ás 17.30 h Grupo Saragana da Asociación X.C. do Traxe de Tui

Ás 18.30 h Contacontos coa Daboapipa “Contos e lerias”

Ás 19.30 h Circo de rúa con Manu Lago “Manualidades”

Ás 20.30h Coral do Centro Sociocomunitario de Tui

Na praza da Inmaculada exposición de maios realizados polos centros educativos tudenses. Cronoloxía sobre a figura de Carlos Casares realizada polo IES San Paio. Carteis sobre Carlos Casares realizados polos distintos centros educativos.

 

Feira de Antigüidades

Lugar: No Paseo da Corredoira ata a Glorieta de Vigo

Data: Mércores, 17 de maio, de 10h a 20.30h

- Publicidade -spot_img