spot_img
InicioBaixo MiñoTui buscará aliarse con Valença dentro da Eurocidade para converterse en Smart...

Tui buscará aliarse con Valença dentro da Eurocidade para converterse en Smart City

a-eurocidade-tui-valenca-se-promociona-na-principal-feria-de-turismo-de-lisboa-btlA Eurocidade Tui-Valença estudará a solicitude de subvencións para poder converter a Tui e a Valença nunha Smart City logo da presenza de técnicos das dúas cidades a pasada semana en Barcelona no World Congress Mobile.

Para o Concello de Tui asumir en solitario o investimento preciso para a modernización dos servizos que presta sería inviable economicamente polo seu tamaño polo que a aposta sería a asociación con municipios limítrofes, inclinándose por esa alianza con Valença dentro da Eurocidade.

As novas tecnoloxías en servizos coma o alumeado público ou a recollida de lixo permitirían mellorar a eficiencia e aforrar custos

O proceso de conversión en Smart City podería levarse a cabo de xeito gradual, adaptando en primeiro lugar as infraestrutura existentes para a implantación das TIC’s. Unha transformación que podería comezar en servizos coma o do alumeado público ou o da recollida do lixo.  Esta transformación conlevaría unha mellora na eficacia destes servizos co conseguinte aforro económico.

- Publicidade -spot_img