spot_img
InicioPontevedra e ÁreaTrece Rondallas actuarán en Gondomar o día de Reis

Trece Rondallas actuarán en Gondomar o día de Reis

rondallas-gondomar

O Encontro de Rondallas do día 6 en Gondomar pecha a  programación de nadal da concellería de Cultura que dirixe Nuria Lameiro. Este ano un total de trece rondallas animarán o centro da vila condal entre as 10h e as 15h.

O percorrido das Rondallas  iniciarase na rotonda da Rúa Ameixeira, saludarán as autoridades diante do Concello e realizarán o tradicional intercambio de bandeiras no cruce das rúas Eduardo Iglesias e Ángel Urzaiz.

As Rondallas participantes, son por orde de actuación: A. C. Recreativa San Mamede de Zamáns, A. C. Santiaguiño de Guizán,  C. V e Cultural de Valadares, CC A Merced de Chaín, A. VV Galiñeiro Vincios, A. Cultural Musical de Pontellas, A. Cultural e Social Herville,  Santiago de Parada,C.C. de Beade, Santa Eulalia de Mos, Soc. Cultural Deportiva e Recreativa Helios de Bembrive, Santa Eulalia de Atios e A. Cultural Peña Freixo.

 

 

 

- Publicidade -spot_img