spot_img
InicioVal MiñorBaionaTraballo lanza unha campaña para fomentar o uso do chaleco salvavidas no...

Traballo lanza unha campaña para fomentar o uso do chaleco salvavidas no sector pesqueiro e previr accidentes laborais

Traballo-lanza-campaña-fomentar-uso-chaleco-salvavidas-sector-pesqueiro-previr-accidentes-laborais

O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), dependente da Consellería de Traballo e Benestar, ven de poñer en marcha unha nova campaña de sensibilización sobre o uso do chaleco salvavidas dirixida aos traballadores e traballadoras do mar, co obxectivo de previr os riscos laborais no sector pesqueiro.

A directora xeral de Traballo e Economía Social, Carmen Bouso, presentou hoxe esta iniciativa en Baiona

A directora xeral de Traballo e Economía Social, Carmen Bouso, presentou hoxe esta iniciativa en Baiona e, na súa intervención, indicou que se enmarca no Plan de actividades do ISSGA para este ano coa intención de mellorar os hábitos laborais dos profesionais do mar e implantar unha conciencia preventiva no sector.

A campaña consiste na distribución de máis de 11.000 documentos de material informativo en concellos, confrarías de pescadores, centros de saúde, casas de cultura, lonxas, peixerías ou farmacias
A campaña consiste na distribución de máis de 11.000 documentos de material informativo en concellos, confrarías de pescadores, centros de saúde, casas de cultura, lonxas, peixerías ou farmacias sobre a importancia da utilización do chaleco salvavidas e a súa correcta colocación. En concreto trátase de explicar cales son os motivos para utilizar o chaleco salvavidas, indicar a necesidade de elixir o axeitado en función das circunstancias existentes, incidir na importancia de utilizalo mentres se traballa na cuberta da embarcación, dar indicacións básicas sobre o almacenamento e mantemento e unha especial referencia á correcta colocación.
O ISSGA complementa esta iniciativa con 18 cursos prácticos de formación en actuación en caso de accidente e utilización axeitada do chaleco salvavidas e outros medios de salvamento e protección
O ISSGA complementa esta iniciativa con 18 cursos prácticos de formación en actuación en caso de accidente e utilización axeitada do chaleco salvavidas e outros medios de salvamento e protección no sector pesqueiro, dirixidos a traballadores e traballadoras deste sector.
A campaña complementa outras iniciativas como é o caso do programa Vixía, unha iniciativa pioneira en España na que equipos de control especializados realizan as inspeccións a bordo dos buques

Destes 18 cursos xa se realizaron 8, nos concellos de Porto do Son, Outes, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa, Xove e Cariño, nos que participaron un total de 93 alumnos e alumnas. No segundo semestre do ano realizaranse as restantes edicións dos cursos, nos concellos de Muros, Ribeira, A Guarda, Soutomaior, Laxe, Camariñas, O Grove, Cambados, Cedeira e Burela.

A campaña complementa outras iniciativas como é o caso dos programas Segumar e Vixía, unha iniciativa pioneira en España na que, equipos de control especializados formados por un inspector de traballo e seguridade social e por un técnico de prevención de riscos laborais do ISSGA, realizan as inspeccións a bordo dos buques no que se refire ás condicións de seguridade e saúde.

- Publicidade -spot_img