spot_img
InicioBaixo MiñoTomiño, único concello de Galicia cunha oficina Eurodesk, para información e xestión...

Tomiño, único concello de Galicia cunha oficina Eurodesk, para información e xestión de programas europeos

Tomiño, único concello de Galicia cunha oficina Eurodesk, para información e xestión de programas europeos https://www.cousasde.com/tomino-unico-concello-galicia-cunha-oficina-eurodesk-informacion-e-xestion-programas-europeos/O Concello de Tomiño é o único municipio de Galicia que conta cunha oficina multiplicadora EURODESK, que se encarga da xestión da información europea da provincia sobre campañas, iniciativas e programas de formación.

Deste xeito, os técnicos do Concello de Tomiño forman parte dunha rede de 1.200 profesionais con representación en 34 países, dirixida principalmente á mocidade e ás entidades que traballan neste ámbito en Europa.

EURODESK ten coma obxectivo, concienciar a mozos e mozas sobre as oportunidades de mobilidade que existen na UE, coma o programa ERASMUS +.

Asemade, ofrece información sobre outros proxectos europeos e intercambios xuvenís, que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Xunta de Galicia e todas aquelas organizacións e institucións galegas que se dedican á mobilidade europea.

Tamén se pode obter información sobre aloxamento en países europeos, formación, emprego, intercambios, busca de socios para proxectos europeos, viaxes, voluntariado; institucións europeas, etc.

Para máis información, as persoas interesadas poden consultar as páxinas web http://www.eurodesk.es/http://erasmusplus.injuve.es/eurodesk/cerca.jsp

- Publicidade -spot_img