spot_img
InicioBaixo MiñoTomiño comeza a súa programación de primavera co III Encontro Minho-Galiza

Tomiño comeza a súa programación de primavera co III Encontro Minho-Galiza

Co mes de abril chega a programación cultural de primavera organizada polo Concello de Tomiño, coa colaboración da Deputación Provincial.

A primeira das propostas terá lugar o día 1 de abril, co III Encontro Minho-Galiza, un debate sobre a música galego-portuguesa e das palabras que transporta para a interculturalidade e a identidade da lingua, organizado pola Universidade do Minho (Braga) co apoio do Concello de Tomiño, Xunta de Galicia, Radio Municipal de Tui e Radio Universitaria do Minho.

A exposición de pintura “Espantallos do Vento no Camiño”, que permanecerá aberta no mercado municipal durante o mes de abril, forma parte tamén do programa

Asemade, o mercado municipal acollerá tamén a partir do 1 de abril, a exposición “Os Espantallos ao Vento no Camiño”, na que participa unha vintena de artistas luso-galaicos. A mostra, con máis de 20 artistas galegos e portugueses, forma parte do proxecto “Retorno dos coidadores das hortas ao Camiño de Inverno”, do rosaleiro Manuel Estévez , e conta coa colaboración do artista tomiñés Basilio Calzado.

Leer máis: O Mercado de Tomiño acollerá a exposición “Os Espantallos ao Vento no Camiño”

No mes de maio, Produccións Chévere, porá en escena “As fillas bravas”, e Teatro Lope de Vega levará ao auditorio de Goián, “Pai non hai máis que un”

Seguindo coa programación cultural de primavera, Producións Chévere traerá “As fillas bravas”. Auditorio de Goián. 22.00 horas. Entrada 5 euros.

O mércores 17 de maio, Día das Letras Galegas, adicado a Carlos Casares, a Agrupación Musical de Goián ofrecerá un concerto ás 12 do mediodía, e haberá obradoiros e venda de libros na Praza do Seixo.

O venres 19 de maio, Luis Bará presentará o seu libro “Non des a esquecemento”. Será no mercado municipal ás 21.00 horas.

Por último, o sábado 20 de maio, pechará a programación de primavera o Teatro Lope de Vega, con “Pai non hai máis que un”. Auditorio de Goián. 22.00 horas. Entrada 2 euros.

 

- Publicidade -spot_img