spot_img
InicioPontevedra e ÁreaTodo disposto para a celebración da XVIII Medio Maratón Gran Baía Vig-Bay...

Todo disposto para a celebración da XVIII Medio Maratón Gran Baía Vig-Bay que terá lugar o vindeiro 2 de abril

todo-disposto-para-a-celebracion-da-xviii-medio-maraton-gran-baia-vig-bay-que-tera-lugar-o-vindeiro-2-de-abril

5.000 atletas tomarán a saída en Samil na 18ª edición do medio maratón Vig-Bay, que se disputará o vindeiro domingo 2 de abril entre Vigo e Baiona.

Na presentación da proba, celebrada hoxe na sede central de Abanca, estiveron presentes entre outros, o empresario Eduardo Vieira, a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez e os alcaldes Baiona e Nigrán, Ángel Rodal Almuiña e Juan González, respectivamente.

A máxima responsable do deporte galego na Comunidade salientou que a Vig Bay é unha proba que consta dun recorrido de “21.097 metros que discorren por paraxes espectaculares baixo a atenta mirada das Illas Cíes: un dos nosos mellores patrimonios paisaxísticos”. Por iso, dixo a secretaria, “na Vig Bay deporte e natureza únense nun binomio perfecto”.

Pola súa banda Eduardo Vieira, subliñou que o cupo que tiñan marcado de 5000 inscritos, cubrióuse ampliamente, “que é unha cifra moi importante para un media maratón”. Respeito ao ano pasado repiten o 40 % dos participantes. O dato a mellorar é a participación femenina, que non chega ao 17 %. Entre os participantes o de máis idade está a piques de cumplir os 81 anos. Finalmente, o empresario agradeceu o apoio das institucións, corpos de seguridade e patrocinadores. Á presentación do media maratón acudiron tamén representantes da Garda Civil, Policía Nacional e Policía Local dos tres municipios polos que pasa a carreira, ademais de membros de Protección Civil

presentacion-da-xvii-edicion-do-medio-maraton-vig-bay

Un pouco de historia

A grandes liñas, o Medio Maratón Gran Baía Vig-Bay é unha proba de atletismo en ruta que se disputa entre Vigo, Nigrán e Baiona, cun percorrido de 21097 metros, medida homologada pola Real Federación Española de Atletismo, cuxos xuíces supervisan o desenvolvemento da mesma.

Pero, como sempre, detrás de calquera actividade humana hai aspectos que transcenden o simple acontecemento.

A idea inicial desta proba xurdiu como o soño persoal dun coñecido empresario e corredor popular vigués que nos seus adestramentos adoitaba facer o percorrido pola costa; un percorrido con marcadas connotacións turísticas, paisaxísticas e sociais, nunha área que concentra a máis de trescentos mil habitantes que diariamente se desprazan entre os distintos núcleos urbanos.

Despois de ter claro o máis importante, o circuíto, había que dotar de contido á idea: así naceron o nome Vig-Bay (síntese de Vigo e Bayona, aínda que fonéticamente lémbrenos a ‘gran Baía’ en inglés), o slogan ‘custe o que custe’, o logotipo alado e o Club de Corredores.

Só faltaba presentar o proxecto e involucrar no mesmo aos concellos implicados e á Federación Galega de Atletismo, a máis diso conseguir a indispensable axuda financeira dos patrocinadores, co-patrocinadores e colaboradores. A acollida favorable de todos eles concretouse o 27 de Febreiro de 2000, día en que se dió a saída da 1ª edición, con 613 atletas participantes.

Pasaron 15 anos, vaise celebrar a 18ª edición, e o número de corredores non deixou de crecer ata chegar aos 5500 do ano 2015; un imparable aumento de participación que é como o premio ao esforzo constante da organización para achegar elementos novos e mellorar os xa existentes en cada un dos aspectos avaliables desta proba.

presentacion-da-xvii-edicion-do-medio-maraton-vig-bay

Xeneralidades do circuíto

Circuíto en liña, urbano e interurbano. A distancia entre saída e meta en liña recta excede en máis do 50% da lonxitude da carreira. A diferenza de altitude si a cumpre. Transcorre polos termos municipais de Vigo, Nigrán e Baiona.

Saída Avenida de Samil, á altura do banner publicitario da parada de autobus da marxe esquerda desde o cruzamento onde se sitúa a pista de aeromodelismo, utilizando todo o ancho da calzada. Continúa utilizando todo o ancho por rúa Canido, Cesáreo Vázquez, PO-325 (Ricardo Mella) ata cruzamento con rúa Mide. A partir de aquí, carril dereito e carril bici, en PO-325 desde o km. 12 de estrada. Ata o xiro a dereita en cruzamento con Avenida de Castelao (antes Bernardo Vázquez) utilízase ademais o carril peonil pintado á dereita do carril bici. Ao final de Castelao volve virar á dereita entrando en Arquitecto Palacios, xiro a esquerda en rúa Gondomar, deixando rotonda a dereita, rúa Cidade de Vigo (todo o ancho), Avenida Canido (carril dereito), paseo Lourido (carril dereito), paseo Lourido (todo o ancho), rúa Chans en Monte Lourido (todo o ancho), rúa Lourido Beiramar (todo o ancho), xiro á esquerda por Doutor Ruiz (todo o ancho) saíndo a subida Monte Lourido, onde se vira a dereita para entrar outra vez en PO-325 (Torrente Ballester), utilizando desde aquí o carril dereito de circulación. Avenida Manuel Lemos (ponte Ramallosa), Julián Valverde (1ª rotonda Sabarís), Foz de Miñor (circunvalación de Sabarís), 2ª rotonda Sabarís (todo o ancho), Avenida Praia Ladeira, rúa Areas, Camiño Real, Avenida de Santa Marta, Avenida de Monterreal, rúa Alférez Barreiro e rúa Elduayen, onde está a meta.

Non se poderá correr polas beirarrúas. Usaranse o ou os carrís dereitos (incluído o carril bici e beiravía) en todo o percorrido, a excepción do tramo desde a saída ata o cruzamento coa rúa de Mide na PO-325, na Avenida de Castelao (antes Bernardo Vázquez), e en cálelas Arquitecto Palacios, Gondomar, Cidade de Vigo e a 2ª rotonda de Sabarís, onde se usará todo o ancho da calzada.

Altitude en metros sobre nivel do mar: saída, 11; meta, 3; punto máis alto, 56; punto máis baixo, 1.

fuente: Viga-Bay

- Publicidade -spot_img