O Teatro Municipal de Tui acollerá a VI edición da Gala do Deporte

xornada-de-tea-e-odontoloxia-en-tuiOs Premios Deporte Tudense 2017 entregaranse na sexta Gala do Deporte Tudense, que se realizará o venres 23 de febreiro, ás 20.30 horas, no Teatro Municipal de Tui.

Neste evento recoñecerase o traballo realizado polos distintos deportistas tudenses, nas distintas categorías establecidas polo xurado, deportista masculino e feminino, deportista masculino e feminino promesa, deportista masculino e feminino promesa veterano, club deportivo e club deportivo na promoción do deporte base, adestrador, firma comercial e entidade colaboradora co deporte.

Do mesmo xeito realizaranse distintos homenaxes a persoas e equipos que marcaron o antes e o despois na historia deportiva do noso concello, así como un recoñecemento aos deportistas tudenses que participaron nos campionatos do mundo e de Europa no ano 2017.

O xurado desta sexta edición está conformado por Rosendo Bugarín, médico e deportista tudense, Enrique Míguez, padeeiro e medallista olímpico, José Manuel Quintana, exdirectivo e exresponsable das escolas deportivas do Tyde F.C., Marisa Giraldez, deportista de varias modalidades deportivas e presidenta do Club Bádminton Tui, Beatriz González, profesora de educación física do CEIP Nº2 de Tui, ex-responsable das escolas deportivas do Club Balonmán Tui, e Andrés Urseira, concelleiro delegado de Deportes de Tui.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies