spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorSoutomaior promove a igualdade entre os escolares co programa "E tique pensas...

Soutomaior promove a igualdade entre os escolares co programa “E tique pensas da igualdade?”

soutomaior-promove-igualdade-os-escolares-co-programa-e-tique-pensas-da-igualdadeO Concello de Soutomaior, a través do seu Centro de Información á Muller (CIM), e co apoio da Deputación de Pontevedra, organiza durante todo o mes de novembro o programa “E ti que fas polaigualdade?”.

Unha iniciativa que pretende fomentar a igualdade de xénero entre os escolares do municipio e que chegará a alumnos de todos os cursos, desde 1º de primaria ata 4º da ESO.

Mediante sesións de 100 minutos por curso, a iniciativa busca concienciar aos alumnos en materia de igualdade, analizando como adquiren os roles e estereotipos de xénero e o papel que para a súa infancia xogan as persoas adultas da súa contorna, principalmente os modelos e referentes familiares.

Cada sesión contará cunha primeira parte de sensibilización e formación inicial na que se analizarán os estereotipos de xénero, modelos de convivencia que fomentan a desigualdade e conceptos como o sexismo. A continuación, realizaranse grupos de traballo nos que os alumnos elaborarán mensaxes e reflexións nas que plasmarán que é o que eles fan pola igualdade. Ao final de cada sesión os alumnos realizarán unha pequena peza audiovisual.

A edil de Igualdade, Cristina González, presentou esta mañá o programa ante o primeiro grupo de alumnos. “A idea fundamental é atallar o problema da desigualdade mediante a educación durante a infancia, que é cando se conforman os roles de xénero e establécense as bases das relacións”, explicou González durante a presentación.

- Publicidade -spot_img