spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorSoutomaior presenta o seu programa de actos contra a violencia machista

Soutomaior presenta o seu programa de actos contra a violencia machista

soutomaior-presenta-seu-programa-actos-violencia-machistaO Concello de Soutomaior presentou o seu programa de actos para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e a edil de igualdade, Cristina González, fixeron pública a nova campaña municipal de concienciación coa que o Concello pretende “dar visibilidade a moitas formas de violencia que ás veces, por desgraza, a sociedade ten normalizada. Pero non por iso deixan de ser formas de violencia”, afirmou o alcalde durante a presentación.

A campaña terá dúas liñas de actuación, unha primeira que se desenvolverá no Centro de Información da Muller (CIM) de Arcade, que incluirá a lectura dun manifesto en apoio a todas as vítimas de violencia machista e un concerto, de man do cuarteto de corda ‘Lulavai’, e unha segunda liña na que se implicará a gran parte do comercio local do Concello de Soutomaior. Durante a campaña, os locais lucirán uns varios carteis e distintivos de apoio á iniciativa e repartirán entre os seus clientes 2500 bolsas de tea con mensaxes de alerta sobre as diferentes formas de violencia machista. “Coa repartición destas bolsas queremos que a campaña chegue de maneira real á vida das persoas, que se vexa na rúa e no día a día“, explicou González. Ademais, instalarase na rúa principal de Arcade o coñecido como ‘iceberg dos malos tratos’, unha figura representativa dos distintos niveis de malos tratos en función da súa visibilidade e o seu grao de sutileza.

Pola súa banda, o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, quixo facer “un chamamento para que todos os homes implíquense de maneira real nesta loita. Ser indiferentes fainos cómplices, Non ou xustifiques”, finalizou o rexedor.

- Publicidade -spot_img