spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorSoutomaior celebra o seu I Festival de Cultura Urbana

Soutomaior celebra o seu I Festival de Cultura Urbana

Soutomaior-celebra-seu-I-Festival-Cultura-Urbana
Os afeccionados ao BMX, skate ou hip-hop, teñen unha cita ineludible o vindeiro sábado 19 co I Festival de Cultura Urbana organizado polo Concello de Soutomaior. Un certame de nova creación que encherá o Peirao de Arcade de música, actividades e demostracións deportivas para os máis novos.

Trátase dunha iniciativa que xorde de varios grupos xuvenís locais afeccionados á música e á práctica deportiva de BMX que están interesados en promover actividades e afeccións entre os máis novos do municipio para dar a coñecer as características da cultura urbana moderna.

A finalidade desta proposta é a promoción da cultura urbana da mocidade do Concello de Soutomaior como un fenómeno de identidade contemporánea que transciende á música para situarse noutros campos, como a arte, os novos códigos lingüísticos, a moda e outras formas deportivas, permitindo unha reinterpretación do lecer que caracteriza a unha boa parte da mocidade.

O festival ofrecerá aos máis novos varias exhibicións deportivas, música e diversas actividades dentro dun programa multidisciplinar que virará ao redor da cultura urbana e as súas diferentes manifestacións na arte contemporánea. A actividade comezará pola tarde coas primeiras demostracións na contorna da pista de patinaxe, que centrará a actividade deportiva grazas aos novos elementos instalados. Ao redor das 21:00 horas a actividade trasladarase ao Multiusos de Arcade onde o grupo ?Coverclap? fará as delicias de todos os asistentes. A entrada é totalmente gratuíta.

Desde a Concellería de Xuventude esperan que o festival sexa todo un éxito de asistencia para agradecer así o traballo realizado por estes mozos, xa que eles son os promotores destas iniciativas tan creativas e que reforzan a identidade local de todos os veciños do Concello de Soutomaior.

- Publicidade -spot_img