spot_img
InicioPontevedra e ÁreaSilva resalta durante o acto de presentación do proxecto ESTRAEE "a aposta...

Silva resalta durante o acto de presentación do proxecto ESTRAEE “a aposta total desta Deputación pola xesión sostible dos residuos”

silva-resalta-acto-presentacion-do-proxecto-estraee-aposta-total-desta-deputacion-pola-xesion-sostible-dos-residuosA presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao deputado provincial Carlos López Font e a deputada Digna Rivas, asistiu hoxe á presentación do ESTRAEE, o proxecto europeo que ten por obxectivo poñer en marcha unha estratexia sostible transfronteiriza para a xestión dos residuos de aparatos eléctricos e electrónicos.

Na xornada participaron a propia institución que é a socia líder do proxecto, os concellos da provincia e os 3 socios españois e dous portugueses con ampla experiencia na reciclaxe e innovación tecnolóxica: Revertia, empresa do Porriño que xestiona residuos e impulsa accións de responsabilidade social corporativa; ERP España, que traballa para dar resposta á primeira directiva da Unión Europea sobre os RAEE; EnergyLab, centro tecnolóxico con sede en Vigo que estuda e impulsa a eficiencia e sostenibilidade enerxética; ERP Portugal, plataforma á que están adheridos máis de 2.600 produtores que está dedicada á economía circular, e LIPORT, empresa de xestión e reciclaxe de residuos da área metropolitana de Porto.

Como lembrou a Presidenta “trátase dun proxecto cun orzamento de máis de 2 millóns de euros dos cales Europa achega o 75% e a Deputación 226.623 €, é dicir, o 10,56%”. Carmela Silva subliñou que ESTRAEE  “é un proxecto dunha enorme relevancia, pois as políticas de xestión dos residuos deben ser unha liña prioritaria xa que os residuos de aparatos eléctricos e electrónicos supoñen un verdadeiro problema debido ao seu importante contido en metais pesados e substancias tóxicas que, sen un tratamento especial, liberan ao medio ambiente.” Polo tanto, sinalou que “estamos a falar dun problema serio ao que temos que darlle respostas inmediatas, temos unha obriga coas xeracións futuras para deixarlles un entorno mellor do que recibimos. Con este proxecto queremos trasladar que é posible xestionar os recursos eléctricos e electrónicos doutro xeito, de forma sustentable, e que tamén é posible a reciclaxe destes elementos para o seu mellor aproveitamento.”silva-resalta-acto-presentacion-do-proxecto-estraee-aposta-total-desta-deputacion-pola-xesion-sostible-dos-residuos/

De feito, tal e como informou a presidenta, desde a Deputación estanse a impulsar diferentes actuacións que contribúan a impulsar unha xestión sustentable deste tipo de residuos. Xa no 2016 subscribiuse un acordo de colaboración con Revertia para a xestión dos residuos. Así, realizáronse dúas retiradas nas instalacións da institución provincial de ordenadores, pantallas de tubo, pantallas LCD, impresoras, fotocopiadoras e outros a través das cales conseguíronse reutilizar o 27% dos ordenadores, o 16% das pantallas planas, o 10,5% de impresoras e fotocopiadoras e un 17% de outros residuos. “11 toneladas que soamente a Deputación tiña acumuladas e que estarían danando o medio ambiente”, apuntou Carmela Silva. Amais, no 2017 tamén se fixeron dúas retiradas de aparatos eléctricos e electrónicos na Deputación. Neste caso 1.670 quilogramos de ordenadores de sobremesa, pantallas LCD, pantallas de tubo, impresoras, fotocopiadoras e outros residuos, reciclando o 26% dos ordenadores, o 19% das pantallas e un 33% de outros residuos.

Carmela Silva explicou que “con este proxecto xa estamos a adaptar os puntos limpos provinciais á directiva dos RAEE, e queremos definir unha ordenanza tipo para toda a provincia onde se recollan as prácticas máis axeitadas para cumprir a Directiva e implantar unha bolsa de subprodutos derivados dos RAEE”. Tamén agradeceu o apoio de todos os participantes e mostrouse “moi orgullosa da resposta de todos os concellos da provincia.” Silva puxo en valor a aposta da Deputación pola sustentabilidade tamén na actividade económica. “Tamén quérese crear emprego verde a través do impulso de mercado de materias primas secundarias; reforzar a capacidade institucional das entidades locais dotándoas dunha maior cobertura na prestación de servizos, así como impulsar a cooperación transfronteiriza.”

silva-resalta-acto-presentacion-do-proxecto-estraee-aposta-total-desta-deputacion-pola-xesion-sostible-dos-residuosA xornada de presentación continuou coas intervencións de Matías Rodrigues, director xeral de European Recycling Platform España; Rosa Monforte, directora xeral de European Recycling Platform Portugal; Paulo Rodrigues, xestor de LIPOR-Serviço Intermunicipalizado de Gestão de Residuos do Grande Porto; Juan Ignacio Rodríguez, director xeral da Fundación Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostibilidade Enerxética (Energylab), e Alejo Calatayud, responsable de Comunicación e Relacións Institucionais Revertia Reusing and Recycling.

- Publicidade -spot_img