spot_img
InicioPontevedra e ÁreaSilva reclama os dereitos das persoas con diversidade funcional no 'I Primeiro...

Silva reclama os dereitos das persoas con diversidade funcional no ‘I Primeiro Encontro Provincial’

silva-reclama-os-dereitos-das-persoas-con-diversidade-funcional-no-i-primeiro-encontro-provincial

O pavillón de Príncipe Felipe acolle unha xuntanza con colectivos de Pontevedra onde mostraron os seus traballos de artesanía, música e teatro

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, reclamou onte os dereitos das persoas con diversidade funcional na apertura do “I Encontro Provincial Pola Inclusión das Persoas con Diversidade Funcional”, que se celebrou no pavillón do centro Príncipe Felipe.

Este encontro organizado pola propia Deputación de Pontevedra contou coa participación de medio millar de persoas de diversos colectivos de toda a provincia que mostraron os seus traballos de artesanía, música e teatro. A Presidenta estivo acompañada polos deputados provinciais de Cohesión Social, Digna Rivas e de Mobilidade, Uxío Benítez.

Digna Rivas sinalou que este primeiro encontro  é un punto de partida para que a partires de agora os distintos colectivos da provincia teñan un lugar de encontro permanente para o intercambio das súas experiencias nun marco lúdico e de festa. Pola súa banda, Uxío Benítez destacou que dende a Deputación de Pontevedra estamos a traballar para facer unha provincia sen barreiras  e cunha mobilidade onde as persoas están en primeiro plano.

Carmela Silva subliñou que a política que desenvolve a Deputación pon sempre a igualdade entre os pontevedreses e pontevedresas no eixo de todas as súas actuacións ao igual que a política de inclusión de todas as persoas porque “queremos que esta provincia sexa inclusiva e diversa e darlle voz a todas estas persoas”.

A Presidenta da Deputación mostrouse moi satisfeita polo número de persoas que acudiron a este primeiro encontro e, sobre todo, emocionada pola alegría e o traballo feito polas persoas con disfunción funcional que quixeron aportar o se “grao de area” coas actuacións nas que mostraron a labor que desenvolven as asociacións  da provincia.

Silva reclamou unha inclusión real de todos e todas, baseados nos dereitos das persoas en non só na idea da “piedade” e subliñou que “todas as administracións  temos que ser impulsoras do respecto á dignidade e á diferenza” de todos e todas.

Por último a Presidenta destacou que “as diferenzas son os que nos enriquecen e o que nos fan únicas e únicos, e por iso hoxe temos que celebrar que sexamos diferentes, pero tamén reclamar que para os demais aspectos sexamos iguais en dereitos garantindo unha calidade de vida digna”.

Este primeiro encontro contou coas actuacións do Coro da Asociación Virxe da O. Centro Méndez Núñez (a panxoliña “Santa Clausiscoming to town”); da Compañía de Danza da Fundación Igualarte; e do Grupo de Teatro da Asociación Virxe da O. (Centro Méndez Núñez) representando os últimos actos de “Romeo e Xulieta” de Shakespeare.

Ademais o director do Centro de recursos educativos da ONCE en Pontevedra, José Ángel Abraldes o  presidente  provincial de COGAMI, Ángel Holguera, o director xerente de FADEMGA, Antonio Fuentetaja Cervelo; e o psicólogo de FEAFES Galicia, Manuel Juncal Gil, explicaron nas súas intervencións o que cada entidade ven desenvolvendo nas súas actuacións na provincia.

 

- Publicidade -spot_img