spot_img
InicioVal MiñorNigránSeis grandes firmas comerciais confirman a súa presenza na nova Área Comercial...

Seis grandes firmas comerciais confirman a súa presenza na nova Área Comercial que se instalará en Porto do Molle

O Consorcio da Zona Franca de Vigo ( CZFV) logrou captar a instalación de seis novas empresas comerciais para a área urbana de Vigo.
Trátase das firmas Burguer King, Leroy Merlin- AKI, Worten, Norauto, Decathlon e Lidl que xerarán inicialmente 185 empregos no parque empresarial de Porto do Molle (Nigrán).
A operación foi aprobada hoxe polo comité executivo do CZFV e materialízase a través da adxudicación en opción de compra de 30.000 metros cadrados para a construción dunha nova zona comercial. O comprador é a sociedade López Real 09, SL, que promoverá unha área comercial de 8.500 metros cadrados e 400 prazas de aparcadoiro, con confirmación de emprazamento para 6 firmas iniciais, sen descartar a incorporación de máis operadores comerciais.
O Consorcio da Zona Franca de Vigo captou no últimos catro anos un total de 275 novas empresas que xeraron 3.239 empregos na área de Vigo, no que supón duplicar desde 2013 o número de firmas instaladas nos seus parques industriais. Coa nova operación, o CZFV alcanza as 631 empresas e os 20.685 empregos emprazados en chan industrial promovido polo Consorcio. Teresa Pedrosa, delegada do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, subliña que “localizar industrias e fixar emprego en Vigo é o noso papel esencial como axente de desenvolvemento local; sempre tentamos atraer investimento privado cun compoñente de innovación e xeración de riqueza”. Pedrosa anunciou que xa están a negociar con varias empresas para a súa próxima implantación no Porto Seco de Salvaterra-As Neves ( Plisan), no que a institución participa coa preparación e urbanización dos terreos e viarios de conexión.

Porto do Molle. O parque empresarial de Porto do Molle (Nigrán) está dotado dun millón de metros cadrados con conexión directa á autoestrada galega. O máis moderno polígono da área urbana de Vigo conta na actualidade con 110 empresas instaladas que empregan a 850 persoas.

- Publicidade -spot_img