spot_img
InicioO SalnésSanxenxo acollerá actividades de divulgación astronómica a través dun convenio coa USC

Sanxenxo acollerá actividades de divulgación astronómica a través dun convenio coa USC

 

universo en sanxenxoO Concello de Sanxenxo acaba de renovar o acordo subscrito coa Universidade de Santiago de Compostela para acoller actividades de divulgación gastronómica a través do proxecto “Todocosmos, a astronomía ao alcance de todos”, financiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía.

O éxito das propostas celebradas ao longo deste ano no municipio a través do Observatorio Astronómico Ramón María Aller levou ao Goberno sanxenxino a manter o programa no que tamén participan os concellos de Santiago de Compostela, Ames, Lalín, Noia, Ordes, Oroso, Padrón, Rianxo, Ribadeo, Teo e Vedra.

De feito, Sanxenxo foi escenario desde o pasado mes de abril dun total de oito sesións de observación astronómica que tiveron lugar nas praias de Silgar e A Lanzada, ademais dun curso de verán de tres días de duración.

Non en balde, o obxectivo desta iniciativa é achegar a ciencia astronómica a toda a sociedade ofertando actividades dirixidas aos distintos segmentos de idade. Para iso, o observatorio da USC encárgase de facilitar os recursos humanos e materiais, como telescopios, prismáticos, planisferios, reloxos de Sol, material didáctico e informático, necesarios para a execución deste proxecto.

 

- Publicidade -spot_img