spot_img
InicioBaixo MiñoRoi Rodríguez e Adrián Sieiro loitaran polas medallas na distancia de 500...

Roi Rodríguez e Adrián Sieiro loitaran polas medallas na distancia de 500 m

Campionato-Mundo-Roi-Rodríguez-Adrián-Sieiro-loitaran-polas-medallas-distancia-500O tudense conseguiu o pase á final en K1 500 m e Adrián no C1 500 m.

Hoxe disputouse a 3º xornada do Campionato do Mundo de Milán, onde competiron 8 padexeiros galegos dos 14 que viaxaron a terras italianas en busca dun billete para Río 2016.

A primeira en competir foi Teresa Portela na eliminatoria do K1 200 m conseguindo un segundo posto por detrás da polaca Marta Walczykiewicz. Teresa disputará a 4º semifinal ás 14:15 de mañá, onde só dúas prazas dan acceso á final.

Seguíronlle Diego Romero e Ton Campos na eliminatoria do C2 1000 m, ocuparon a sexta posición que lles daba o pase a semifinais que remarán mañá sábado ás 15:27, os grovenses intentarán estar entre os tres primeiros que lle dean o pase á final A do domingo.

Rodrigo Germade e Oscar Carreira serían os seguintes en entrar en competición na eliminatoria do K4 1000 m onde loitaron por conseguir a 1º posición que lle daría o pase directo á final, remataron terceiros por detrás de Hungría e Australia, mañá as 15:48 remarán a semifinal onde hai tres prazas en xogo para poder loitar polas medallas.

O K-4 500 da tudense Ana Varela e as súas compañeiras, María Corbera, Ana Contreras e Eva Barrios, conseguiron ser terceiras, buscarán na semifinal o seu pase cara á final.
Xa pola tarde disputaríanse as semifinais do C1 e K1 500 onde Adrián Sieiro conseguiría un segundo posto que o leva cara á loita polas medallas na final que se disputará o domingo ás 11:11 da mañá.

Roi Rodríguez realizou unha gran semifinal no K1 500 m dominando dende o principio a carreira e chegando a meta en solitario, o dobre campión do mundo sub-23 preséntase na final como claro favorito á vitoria.

- Publicidade -spot_img