spot_img
InicioVal MiñorBaionaRodrigo González Rouco, alumno do CPI Cova Terreña de Baiona, foi o...

Rodrigo González Rouco, alumno do CPI Cova Terreña de Baiona, foi o gañador do Concurso de deseño #Enreda na Rede

Rodrigo González Rouco, alumno de 4º da ESO do CPI Cova Terreña de Baiona, foi o gañador do Concurso de deseño #Enreda na Rede, organizado pola Fundación Barrié e a Asociación ARELA, dentro do seu programa Ktorce18.

O alumno creou o slogan “Pensa antes de enviar…” e unha representación gráfica que o acompaña sobre o bo uso das redes sociais entre adolescentes, participando neste concurso a través do centro dentro da materia optativa de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).

ENREDA NA REDE 2018  

É un concurso destinado a adolescentes galegos organizado pola Fundación Barrié e a Asociación ARELA, dentro do seu programa Ktorce18.

Está baseado na creación dun slogan e mais unha representación gráfica sobre o bo uso das redes sociais entre adolescentes, o tema obxecto do traballo durante todo o ano 2018.

 OBXECTIVOS

Que os adolescentes reflexionen sobre a utilización das redes sociais de forma innovadora, achegando a súa visión persoal.

Fomentar o debate na aula sobre o uso das novas tecnoloxías, identificando tanto condutas inadecuadas ou negativas, como os seus usos socialmente positivos.

Implicar á comunidade educativa no Programa Ktorce-18.

Dar protagonismo aos e ás adolescentes galegos.

 

- Publicidade -spot_img