spot_img
InicioO SalnésRibadumia convoca a XII edición do concurso escolar de Postais de Nadal...

Ribadumia convoca a XII edición do concurso escolar de Postais de Nadal e a IV edición do concurso de carrozas de reis

O Concello de Ribadumia utilizará as imaxes gañadoras para realizar as felicitacións oficiais do NadalO Concello de Ribadumia utilizará as imaxes gañadoras para realizar as felicitacións oficiais do Nadal

A Concellería de Cultura de Ribadumia convoca a décimo segunda edición do concurso escolar de Postais de Nadal, destinada ao alumnado dos centros de infantil, primaria e secundaria da localidade. Como cada edición, o tema elixido é a solidariedade e o Nadal. O Concello de Ribadumia utilizará publicará as imaxes seleccionadas en formato dixital, e as utilizará para realizar as felicitacións oficiais do Nadal.

Cada rapaz pode presentar un único traballo nos centros escolares ata o venres 12 de decembro. En cada centro haberá unha urna para cada un dos distintos ciclos educativos, na que se depositarán os traballos. Os gañadores elixiranse por cada unha das categorías participantes: infantil, 1º ciclo de primaria, 2º ciclo de primaria, 3º ciclo de primaria e ESO. As postais levarán na parte frontal un título e dous versos en galego e, no reverso, os datos persoais do participante: nome, enderezo, teléfono, idade e curso escolar.

Premiarase aos gañadores de cada categoría agasallo o 5 de xaneiro, ao rematar a cabalgata dos Reis Magos. O xurado encargado da valoración das postais estará integrado pola concelleira de Cultura, Susana Fandiño; polos directores do CPI Julia Becerra Malvar e do CRA de Ribadumia; e polo técnico municipal de cultura.

O concurso de postais de Nadal é unha das moitas actividades que cada ano programa a concellería de Cultura para celebrar esta data.

Concurso de Carrozas.

Tamén abre o prazo o  Concurso de Carrozas de Reis, no que poden participar tódalas Asociacións, Grupos e particulares que o desexen. Nesta cuarta edición cada carroza que se inscriba e participe recibirá unha axuda de 200€ para material, que se deberá xustificar con facturas de gastos relacionados coas carrozas e repartiranse 1.200 euros entre as tres mellores carrozas. Os interesados en participar no concurso poden inscribirse nas oficinas municipais ata o 19 de decembro.

Neste sentido desde o concello faise un chamamento popular para que todas as persoas que o desexen, colaboren coa creación de carrozas adornadas con motivos de Nadal. Aumentando os adornos e as carrozas para recibir aos Reis Magos, aumentará a ilusión e a maxia nesta convocatoria, para a que os nenos levan agardando todo o ano. A carroza gañadora levará un premio de 600 euros; a que acade o segundo posto de 400 euros e a terceira de 200 euros.

 

- Publicidade -spot_img