spot_img
InicioVigo e áreaVal MiñorRematada a senda peonil executada na estrada PO-340 na contorna do enlace...

Rematada a senda peonil executada na estrada PO-340 na contorna do enlace coa autopista do Val Miñor

rematada-a-senda-peonil-executada-na-estrada-po-340-na-contorna-do-enlace-coa-autopista-do-val-minor

A actuación complementa ás obras realizadas antes do verán coas que se ampliou e diferenciou a beiravía en ambas marxes da estrada entre Gondomar e A Ramallosa

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de rematar a execución dunha senda peonil na estrada PO-340 que mellora a seguridade dos peóns na contorna do enlace coa autopista AG-57. A obra complementa á actuación levada a cabo neste verán nas dúas marxes deste vial entre Gondomar e A Ramallosa, coa que se sinalizou unha zona diferenciada para circulación mais segura dos peóns.

As obras, executadas pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), consistiron na execución dunha senda para uso peonil que rodea a glorieta existente no punto quilométrico 19+540 da estrada PO-340, baixo o viaduto da autopista AG-57, no Concello de Nigrán.

rematada-a-senda-peonil-executada-na-estrada-po-340-na-contorna-do-enlace-coa-autopista-do-val-minorExecutouse unha senda peonil de 220 m. que bordea a glorieta existente baixo o viaduto da AG-57

A senda executouse en paralelo á beiravía existente, cruzando a nivel os ramais sentido Baiona da autoestrada. Conta cun ancho libre de 2 metros, e cun pavimento de formigón de cor area.Sobre a senda instalouse unha barreira metálica de protección para separación da beiravía e unha varanda de protección no lado exterior, nos treitos que resultaba necesario.

- Publicidade -spot_img