spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaRemata o II Curso de Boas Maneiras e Protocolo cunha visita a...

Remata o II Curso de Boas Maneiras e Protocolo cunha visita a Oficina de Correos de Redondela

Remata-II-Curso-Boas-Maneiras-Protocolo-visita-Oficina-Correos-RedondelaOs nenos do II Curso de Boas Maneiras e Protocolo finalizan o mesmo cunha visita guiada á Oficina de Correos de Redondela e a entrega de diplomas

O II Curso de Boas Maneiras e Protocolo, actividade programada pola Biblioteca Municipal de Redondela e a Fundación Filomena Rivero Alonso para nenos de 7 a 9 anos, finalizou cunha sesión dedicada á arte da correspondencia de puño e letra que se pechou cunha interesante visita á Oficina de Correos de Redondela onde Leonardo Cabaleiro Couñago, Director da Oficina, guiou aos nenos a través do proceso técnico que viven os envios postais dende a súa entrega nas devanditas dependencias ata chegar aos seus respectivos destinatarios. Tras rematar a visita, na que os nenos probaron a realizar pola súa propia man algúns dos procesos cotiáns nos departamentos postais, enviaron as felicitacións que anteriormente realizaran para as súas familias e recibiron uns recordos da entidade, dirixíronse de novo ás dependencias da biblioteca, onde recibiron de mans da directora os diplomas acreditativos da súa asistencia e aproveitamento.

http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2014/12/ii-curso-de-boas-maneiras-e-protoloco.html

Nas fotografías algúns momentos da visita á Oficina de Correos xunto ao seu director e a monitora do curso, Leonor Rodríguez Castro

 

Remata-II-Curso-Boas-Maneiras-Protocolo-visita-Oficina-Correos-Redondela

 

Remata-II-Curso-Boas-Maneiras-Protocolo-visita-Oficina-Correos-Redondela

 

 

 

- Publicidade -spot_img