spot_img
InicioBaixo MiñoRecollida sinaturas en Tui para que o novo centro de saúde leve...

Recollida sinaturas en Tui para que o novo centro de saúde leve o nome de “Doutor Alejo Diz Jurado”

Centro Saude Tui

Dende o BNG-AA, formación política que esta alevar adiante esta iniciativa, nos cuentan, que o doutor Alejo Diz Jurado foi un destacado médico de cabeceira e que a súa laboura profesional levouna a cabo en Tui onde tamén mantivo unha comprometida actividade política chegando a ser alcalde entre  1918 até 1922.

Nos anos trinta, un proxecto nacional levouno a Dinamarca para realizar unha investigación sobre o seguro de enfermidade que posteriormente defendeu xerando un amplo debate na clase  médica.

Fundou e dirixiu o  semanario político satírico La Tetera, no que asinaba co pseudónimo Criticón B.

recollida-sinaturas-en-tui-para-que-o-novo-centro-de-saude-leve-o-nome-dedoutor-alejo-diz-jurado
Cartaz da campaña

Logo da sublevación do 1936, foi detido e posteriormente xulgado o 13 de outubro en Vigo, en consello de guerra por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Fusilárono o 30 do mesmo mes, xunto á Alameda de Tui con Darío Álvarez Limeses

Así pois, desde o BNG-AA  estan a levar adiante unha recollida de sinaturas para que o novo centro de saúde de Tui leve o nome do doutor Alejo Diz Jurado, coñecido popularmente como  o médico dos pobres.

Polo que dende a formación política fan un chamamento a todas as veciñas e veciños  que  concordan con esta proposta a participar asinando  a petición que están a levar polas rúas de Tui, comezando este sábado e domingo na praza da Inmaculada, máis información en bngtui@bng-galiza.org

 

- Publicidade -spot_img