spot_img
InicioO SalnésQuinteiro da Cruz presenta a súa Certificación como Xardín Internacional da Camelia

Quinteiro da Cruz presenta a súa Certificación como Xardín Internacional da Camelia

quinteiro-da-cruz-presenta-a-sua-certificacion-como-xardin-internacional-da-cameliaOs copropietarios do Pazo Quinteiro da Cruz, Pedro Piñeiro e Beatriz Piñeiro, presentaron esta mañá a certificación de “Xardín de Excelencia Internacional da Camelia” que recentemente acadou o Pazo.

Xunto a eles estiveron presentes a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o alcalde de Ribadumia, David Castro, o deputado de Turismo, Santos Héctor Rodríguez, á deputada delegada da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Eva Vilaverde e a Jefa de Turismo de Galicia en Pontevedra, María de los Ángeles Herrero.

Pedro Piñeiro, botánico do seu xardín, expresou o seu agradecemento “aos técnicos do Areeiro, polo seu traballo e aos seus padres, que fai 50 anos comezaron esta labor que continuamos hoxe nosotros”. Destacou tamén que a provincia sexa “o único espazo do globo co maior número de xardíns de excelencia internacional da camelia”. No caso de Beatriz Piñeiro, centrada en aspectos de innovación do Pazo, destacou aspectos vangardistas desenvolvidos desde Quinteiro da Cruz como unha app de realidade aumentada de camelias, a plantación de té (que converte ao pazo no primeiro produtor de té de Galicia) e adiantou a colaboración que están a manter coa Universidade Politécnica de Valencia a través da cal están a conseguir téxtil con tintura natural de camelia que, amais, protexe contra os raios ultravioleta.

Beatriz Piñeiro, explica o funcionamento da APP de realidade aumentada de camelias á Presidenta

A presidenta provincial recordou que “hai 52 xardíns no mundo declarados de excelencia internacional da camelia e deles, 4 están na provincia de Pontevedra: o castelo de Soutomaior, o Pazo de Rubiáns, o de Quinteiro da Cruz e A Saleta. Isto é algo do que presumir e do que sentir moito orgullo, xa que é un elemento máis de internacionalización da nosa posición”. Neste eido, a presidenta subliñou que “a nivel internacional o camiño de Santiago é un elemento moi relevante pero, estou segura, a camelia pode chegar a ser igual de relevante”.

Carmela Silva amosou a súa satisfacción por este nomeamento que nos convirte na “única provincia de España con Xardíns de Excelencia Internacional”. 

Silva tamén aproveitou para poñer en valor o Pazo Quinteiro da Cruz, “un lugar extraordinario de pedra, con hórreos, cruceiros, unha capela do século XVI, unha pila bautismal do XII, un pombal, lavadeiro eun xardín con árbores senlleiras, algunhas con máis de 300 anos e con máis de 2.000 variedades da “raíña” das flores: a camelia”. Amais, a presidenta provincial destacou que o Pazo é un exemplo máis de que “Somos historias: historias literarias, botánicas, paisaxísticas, culturais, de grandes persoeiros que deixaron a súa pegada na provincia de Pontevedra e particularmente neste pazo que fai que as persoas que o visitan sintan que forman parte de algo lírico e poético”.

quinteiro-da-cruz-presenta-a-sua-certificacion-como-xardin-internacional-da-cameliaDurante o acto, a presidenta da Deputación quixo facer un recoñecemento “ás propietarias e propietarios do Pazo Quinteiro da Cruz, polo seu compromiso por manter o patrimonio en excelentes condicións e xerar actividade económica e emprego arredor del, mediante os viños e tamén mediante a camelia”. Neste eido, Silva recordou que o Pazo Quinteiro da Cruz elabora té, pero tamén produtos de carácter cosmético e culinario a base de camelia, e está a traballar tamén nos usos a nivel téxtil da flor.

Amais, a presidenta provincial tivo tamén palabras para a deputada delegada de Areeiro, Eva Vilaverde, que “a través da Estación, e coa colaboración das súas técnicas e técnicos, está a apostar por seguir a xogar un papel fundamental na promoción da camelia, potenciando a investigación e entendendo que esta flor é un elemento potencial económico para a provincia de Pontevedra”.

Pola súa banda, o alcalde de Ribadumia, David Castro, amosou a súa satisfacción por este recoñecemento subliñando que “hoxe é un día moi importante para o concello xa que dos catro xardíns de Excelencia Internacional que hai en España, tres están no Salnés e un deles en Ribadumia”. Neste eido, Castro agradeceu “o papel desenvolvido polas persoas propietarias do Pazo Quinteiro da Cruz e polas técnicas e técnicos do Areeiro, claves na consecución deste certificado para Ribadumia”.

- Publicidade -spot_img