spot_img
InicioBaixo MiñoQueiman e Pousa, pregoeiros de excepción da XXVII Festa da Langosta e...

Queiman e Pousa, pregoeiros de excepción da XXVII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira

queiman-e-pousa-pregoeiros-excepcion-da-xxvii-festa-da-langosta-e-da-cocina-marineiraO venres 30 de xuño ás 21.00 h na Praza do Reló o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, procederá a nomear ao actor vigués Bruxo Queiman e a cantante de Tomiño, Andrea Pousa, como pregoeiros na XXVII Festa da Langosta e Cociña Mariñeira.

A forza tan carismática en escena do actor Bruxo Queiman e a sensibilidade creativa de Andrea Pousa asegurará que a lectura do pregón terá selo persoal e diferenciado xa que estes dous artistas sempre ofrecen un gran sentimento aos eventos que asisten.

Despois do pregón o escenario trasladase á carpa da festa onde o Bruxo Queiman e Andrea Pousa actuarán ás 23.00h onde presentarán ao público o seu novo espectáculo << MíLSON’S >>. Este é un espectáculo-concerto que mistura dun novo xeito o legado tradicional como son as cantigas mariñeiras ou as recollidas nos cantos de taberna, con ritmos e melodías máis actuais. Unha atractiva e orixinal proposta tanto sonora como visual, cunha estética coidada no vestiario e na escenografía. O grupo está formado por músicos cunha amplía traxectoria internacional no mundo folk. Presentes en Festivais como: “Festival Intercéltico de Ortigueira” ou “Festival de Lorient”. En MÍLSON´S os artistas son masculinos pero a compañía adaptou este espectáculo para a festa da langosta e contará coa voz lírica de Andrea Pousa e doutras novidades.

O Bruxo Queiman e Andrea Pousa son dous representantes desta cultura atlántica. En 2014 crearon a compañía galega de espectáculos musicais e eventos, QUEIMAN E POUSA, coa finalidade de ofrecer espectáculos nos que o público poida identificarse coas raíces e tradicións que continúan vivas ou que foron evolucionando ao longo das xeracións de galegos. Esta compañía ofrece uns espectáculos cheos de calidade escénica, poesía artística e música tradicional fusionada con outras ramas musicais e demais recursos expresionistas que abraian ao espectadores.

O BRUXO QUEIMAN é o recoñecido actor vigués Enrique Domínguez que fundou anos atrás con outros compañeiros a Compañía Teatral Avento de Vigo, un dos grupos teatrais con maior traxectoria na nosa comunidade e Portugal. Ao longo dos anos, o actor participou en numerosas obras, películas e series televisivas como “Rías Baixas”ou “Para ti Shakespeare”. Pero o gran recoñecemento chegoulle co seu papel como o “Bruxo Queiman”, con máis de 10 años de traxectoria por España e outros países como Brasil, Colombia, Arxentina, Emiratos Árabes, etc. Recibiu o Premio Cumbres de Suido 2014”. Actualmente encargase da dirección artística dos espectáculos de Queiman e Pousa.

ANDREA POUSA cantante melódica-lírica e actriz nacida en Tomiño, dende moi pequena amosou o seu interese polo canto e aos 15 anos xa foi seleccionada como unha das mellores voces femininas de Galicia no Festival da Canción. Participou no proxecto educativo “Ponte nas Ondas” para a divulgación do Patrimonio cultural Galego-Portugués. Andrea posúe unha capacidade de converter cada canción nunha obra de arte viva, sensitiva e transformadora.  Complementa a súa carreira de canto coa de actriz e a súa última aparición foi en “Cenerentolla” de La Fiesta escénica, en Italia e Suiza.

Queiman e Pousa, recorren con seus diferentes espectáculos o mundo, levando sempre o sentimento e o corazón da súa terra co fin irmandar a nosa cultura atlantica coa do resto do mundo.

Esta labor socio-cultural dos dous artistas fixo que foran recoñecidos como os “Embaixadores e difusores da Cultura Atlántica”

- Publicidade -spot_img