A provincia de Pontevedra acollera en 2018 a Asamblea Estatal da ‘Ruta dos Fenicios’

provincia-pontevedra-acollera-2018-asamblea-estatal-da-ruta-dos-feniciosA provincia de Pontevedra acollerá no próximo mes de novembro de 2018 a Asemblea Estatal da Asociación “A Ruta dos Fenicios”, segundo confirmouse hoxe na clausura do encontro 2017 na cidade de Ibiza, na que participaron distintas administracións públicas e  entidades culturais.

Xa na primeira xornada, a institución que preside Carmela Silva foi escollida para liderar a promoción e difusión na fachada atlántica peninsular, desta importante Ruta Cultural denominada das “Kasitéridas”, o camiño desenvolvido polos fenicios para abastecerse de estaño na antigüidade e que, podería non estar localizado nas illas británicas como creíase ate de agora, senón nas costas galegas.

A Deputación de Pontevedra se integra neste Itinerario ao través dos restos fenicios e púnicos documentados en xacementos como Monte do Castro en Ribadumia, A Lanzada en Sanxenxo, Monte do Facho en Cangas, e  Punta do Muíño do Vento, en Vigo, onde se localizaron importantes restos da presenza dos Fenicios nas nosas costas. Na primeira xornada en Ibiza, a institución provincial presentou o traballo que se está a facer nos xacementos onde se documentaron pezas arqueolóxicas de procedencia mediterránea ou elementos claramente vinculados co mundo púnico.

comezan-os-traballos-conservacion-na-excavacion-do-monte-do-castro-ribadumia

Monte do Castro – Ribadumia

A Ruta dos Fenicios é un dos Itinerarios Culturais Internacionais recoñecidos polo Consello de Europa, que pasa por 18 países e por máis de 80 cidades, e que se centra no legado de fenicios e púnicos de tres continentes. Está considerado como o Itinerario da Interculturalidade mediterránea e é a conexión das grandes rutas marítimas utilizadas polos fenicios desde o século XII aC., como o principal medio de comunicación comercial e cultural no Mediterráneo. A través destas rutas, os fenicios, navegantes e expertos comerciantes, deron orixe a unha gran civilización que se asentou a través da súa expansión en Occidente, para o desenvolvemento de intercambios de produtos manufacturados, de persoas e ideas, e para a creación dunha ‘ koiné’ (comunidad) cultual mediterránea e difusión da mesma.

Con respecto ás Kasitéridas a hipótese máis aceptada, é que as famosas Illas do Estaño ó Kasitérides correspóndense co arquipélago de Scilly no Reino Unido. De ser así, podería afirmarse que o navegante cartaxinés Himilcón alcanzou as costas de Britania desde Gadir (Cádiz). Con todo, non é esta a única posibilidade que se barallou ao longo da historia.

José Cornide, no século XVIII, facendo referencias a escritos de Estrabón subliña no seu escrito máis crítico que  “As Kasitéridas, ou Illas do Estaño, restituídas aos mares de Galicia”, na que defende que as citadas illas pertenceron a España e estaban situadas ou ben enfronte das costas galegas (e acharíanse cubertas polo mar na actualidade) ó ben serían as mesmas rías e as illas próximas.

 

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies