Preto de mil persoas participarán na Festa da Bicicleta do Val Miñor

preto-de-mil-persoas-participaran-na-festa-da-bicicleta-do-val-minorEsta mañá presentouse oficialmente a XXIX edición da Festa da Bicicleta que se celebrará o vindeiro xoves 17 de maio. Ao acto asistiron varios membros de Club BTT Monte Boi de Baiona, xunto con alcaldes e concelleiros de Baiona, Nigrán e Gondomar.

Un ano máis, na proba participarán veciños e veciñas dos tres concellos do Val Miñor. A previsión é que participen ao redor dunhas 1.000 persoas dos tres concellos.

Javier López, técnico de deportes do Concello de Baiona y responsable da organización deste ano, foi o encargado de explicar as características técnicas da proba: “Os primeiros en saír serán os participantes de Baiona, ás 10:15 da mañá desde o Parque da Palma, para realizar o percorrido ata Gondomar, onde recollerán aos ciclistas do municipio ás 11:00 na Praza do Concello. A saída desde Nigrán será ás 11:30 desde a Praza do Concello, para atoparse os pelotóns dos tres municipios na Ramallosa e comezar o percorrido todos xuntos ata o Parque da Palma de Baiona”, explicou o técnico.

Posteriormente interviron o alcalde de Nigrán, Juan González, quen aproveitou para agradecer o traballo feito polo departamento de deportes de Baiona, dexesando ter un día de felicidade e tamén tivo palabras de recoñecemento para o Club Monte Boi, xa que irán acompañado ao pelotón de ciclistas durante o traxecto. Francisco Ferreira, alcalde de Gondomar, subliñou que “estos son dos eventos deportivos máis bonitos que se organizan no Val Miñor”. Tamén destacou a participación do Club Ciclista de Gondomar.

Pola súa banda, o alcalde de Baiona, Angel Rodal, destacou que “O obxectivo desta marcha ciclista non é outro máis que fomentar a práctica deportiva de todos os cidadáns xa que non se poñen límites para participar, unicamente ter máis de 7 anos e estar capacitado para facer 15 Km. en bicicleta, levar casco, e ter ganas de pasar un día de lecer e diversión en familia, percorrendo as rúas do Val Miñor en compañía dos veciños do Val para celebrar un acto de carácter popular e deportivo”. Tamén agradeceu ao Club BTT Monte Boi de Baiona a súa implicación coa proba.

os-concellos-do-val-minor-organizan-un-ano-mais-a-sua-tradicional-festa-da-bicicletaÁ totalidade dos participantes, entregaráse un pequeno avituallamiento para repoñer forzas. Ademais, tamén se fará entrega dunha bolsa reflectora para que cada un leve ás súas costas e sexa visible na estrada.

O broche final á celebración poñerase co sorteo entre os participantes de tres bicicletas, unha por cada Concello da Mancomunidade do Val Miñor, así como 10 cascos e 10 pares de luvas.

Para garantir a seguridade dos ciclistas ponse en marcha un dispositivo policial común para todo o Val Miñor así como outro paralelo de Protección Civil Val Miñor para asegurar ao máximo a seguridade dos pelotóns.

As inscricións realizaranse 40 minutos antes da saída en cada un dos tres puntos o mesmo día do evento, momento no que se entregará o dorsal, cuxo número valerá para participar no sorteo de agasallos.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies