spot_img
InicioVal MiñorNigránPreto de 500 deportistas participaron na XI Marcha BTT & Trail Concello...

Preto de 500 deportistas participaron na XI Marcha BTT & Trail Concello de Nigrán

perto-de-500-deportistas-particioaron-na-xi-marcha-btt-trail-concello-de-nigran

Organizada entre Concello de Nigrán e Peña Ciclista Val Miñor, a marcha, cunha dificultade media-alta, comezou no pavillón de deportes de Panxón ás 9:15 e transcurreu polos montes das parroquias de Camos, Chandebrito, Parada… O percorrido cunha lonxitude duns 40 km, alcanza una altitude máxima de 409 metros e o punto de maior desnivel ten unha pendente dun 21,2%.

Pola súa banda, o trail de 16 km saiu do pavillón ás 10.00 horas. Finalmente, o Concello de Nigrán organizou unha andaina de 13 km de dificultade media-baixa. A ruta pasou por Monteferro, rodeando a península e despois percorrendo o paseo de Panxón e Praia América para rodear Lourido e regresar ao pavillón polo interior.

Coma en anteriores edicións, ten un fin solidario, polo que se invitaba aos participantes a que doasen 1 kg de alimentos non perecedeiros que irán destinados á oficina de Cáritas na Ramallosa.

A marcha BTT & Trail e andaina do Concello de Nigrán é ante todo unha marcha de amigos, onde o único realmente importante é participar e disfrutar dunha paisaxe que fusiona mar e montaña para practicar un deporte que require esforzo, habilidade, capacidade de superación e respeto á natureza.

- Publicidade -spot_img