spot_img
InicioBaixo MiñoPreto de 180 mozos titulados traballarán en empresas de Vigo, Val Miñor,...

Preto de 180 mozos titulados traballarán en empresas de Vigo, Val Miñor, Redondela, Pazos de Borbén, Fornelos, Soutomaior ou Baixo Miño, no marco do Plan de Práctica Laboral da Deputación

Preto de 180 mozos titulados traballarán en empresas de Vigo, Val Miñor, Redondela, Pazos de Borbén, Fornelos, Soutomaior ou Baixo Miño, no marco do Plan de Práctica Laboral da DeputaciónHoxe comezou o proceso de selección de empresas por parte dos bolseiros, que comezarán as súas prácticas o 1 de outubro.

Case 180 titulados universitarios ou de ciclos formativos comezarán o vindeiro un de outubro as súas prácticas laborais en empresas das comarcas de Vigo, Baixo Miño e Condado Paradanta. Farano no marco do II Plan de Práctica Laboral en empresas privadas posto en marcha pola Deputación de Pontevedra e do que se van beneficiar nesta edición preto de 500 mozos e mozas.

Boa parte deles (case 300) elixen hoxe destino, en dous actos públicos presididos polo titular da Deputación, Rafael Louzán e que se desenvolven no Salón de Plenos da Administración Provincial.

No primeiro deles, celebrado esta mañá, os beneficiarios das bolsas pertencentes a 62 titulacións diferentes, elixiron, por orde de puntuación a empresa na que preferían realizar as súas prácticas. Pola tarde farano os titulados de dúas das especialidades máis demandadas, que son o Ciclo superior en Administración e Finanzas e da Licenciatura e grao en Administración e Dirección de Empresas.

En total, case 300 mozos e mozas aos que mañá se sumará a última quenda, con 45 titulacións diferentes e bolseiros ata completar un total de 500 titulados que van ter a súa primeira oportunidade laboral na profesión para a que se formaron.

O presidente da Deputación, Rafael Louzán destacou que, cos que agora participan neste II Plan de Práctica Laboral na empresa privada, esta iniciativa, “única en España”, leva xa facilitado o acceso ao mercado de traballo “a preto de 2.000 pontevedreses con titulacións universitarias ou de FP”.
Por iso, animou aos novos bolseiros a “aproveitar ao máximo esta magnífica oportunidade” que lle pode abrir as portas do seu futuro laboral, tanto se se quedan na empresa na que van realizar as prácticas como se non, dado que, tal e como subliñaron moitos dos bolseiros acollidos a este programa, “isto vainos permitir ter unha experiencia que moitas empresas nos piden e que non tivemos ocasión de adquirir ata agora”.

Preto de 180 mozos titulados traballarán en empresas de Vigo, Val Miñor, Redondela, Pazos de Borbén, Fornelos, Soutomaior ou Baixo Miño, no marco do Plan de Práctica Laboral da Deputación

A comarca de Vigo concentra un terzo das prazas
Un terzo das prazas ofertadas en toda a provincia concéntranse no concello de Vigo e a súa comarca. Así, só na cidade olívica son 110 os mozos e mozas que van desenvolver o seu labor en diversas empresas da cidade.
A eles súmanse 22 dos dous concellos de A Louriña (Mos e O Porriño) e 19 de Val Miñor, ademais doutra vintena que traballará nos concellos veciños de Redondela, Pazos de Borbén, Fornelos, Salceda de Caselas ou Soutomaior.
No Baixo Miño desenvolverán as súas prácticas 15 bolseiros e outros 4 faranos no Condado-Paradanta.

Bolsas de un ano
Todos eles comezarán as súas prácticas o vindeiro un de outubro, con bolsas de seis meses prorrogables por outros seis, ata completar un período de un ano.

A contía da bolsa é de 800 euros para titulados universitarios e de 700 para titulados de FP, que serán financiados integramente pola Deputación, que tamén correrá cos gastos dos correspondentes recoñecementos médicos.

EMPRESA  E CONCELLO
ASESORIA XESTORIA E SERVICIOS DE PARADANTA, S.L. As Neves
CONSTRUCCIONES Y EXCAVACIONES MECCA G,S.L.U. Baiona
KIRIKO NATURA, S.A. Fornelos de Montes
Consultoría Integral Casmar S.L. Gondomar
Esypro Manutención, SLU Gondomar
INTRUMOL, S.L. Gondomar
JL FROIZ, S.L. Gondomar
Diseño e Modelado de Superficies S.A. Mos
MECANIZADOS Y OXICORTE S.L Mos
RODICUT INDUSTRY S.A. Mos
TECFILTER S.L Mos
AREEIRA S.L. Nigrán
AREEIRA S.L. Nigrán
ES MUY FACIL TECNOLOGIA S.L. Nigrán
ITERA TÉCNICA, S.L. Nigrán
M SONIA COSTAS LOMBA (ASESORÍA-GESTORÍA) Nigrán
MADERAS AGAPITO MARTINEZ, SL Nigrán
MILAGROS FERNANDEZ CASTRO (BUFETE DE ABOGADOS) Nigrán
Monet Tecnología e Innovación SL Nigrán
Monet Tecnología e Innovación SL Nigrán
Monet Tecnología e Innovación SL Nigrán
Open Soft Servicios Informaticos,s.l. Nigrán
PEDRO GONZÁLEZ SOUTO (ESTUDIO DE ARQUITECTURA) Nigrán
PROCAT INGENIERIA Y MEDIOAMBIENTE, S.L. Nigrán
SEVERO FERNANDEZ CASTRO- ESTUDIO ARQUITECTURA Nigrán
AQ7 ARCHITECTURE AND CONSTRUCTION. SLU O Rosal
RAPESUA SL Pazos de Borbén
ANDREA VILA GONZALEZ (FISIOTERAPIA) Ponteareas
AREA GLOBAL ASESORES, S.L. Ponteareas
EXCAVACIONES Y CONSTRUCCIONES LAUREANO COVELO S.A Ponteareas
Academia Bastón, S.L. Porriño
ALONARTI ENVASES, S.A.U. Porriño
ALUMISEL, S.A.U. Porriño
CABLERIAS AUTO, S.L. Porriño
E.D.I. 99 RECAMBIOS Y ACCESORIOS, S.L. Porriño
ENXAMIO SL Porriño
EONSI INDUSTRIAL DEVELOPMENT, S.L. Porriño
FEMADI ASESORES, SL Porriño
GRANITOS CABALEIRO Porriño
GRUPIMAR, S.L. Porriño
INGENIERÍA RÍAS BAIXAS, S.L. Porriño
INNAVES S.A Porriño
Lonza Biologics Porriño, S.L. Porriño
Lonza Biologics Porriño, S.L. Porriño
Lonza Biologics Porriño, S.L. Porriño
MANUEL CASTRO CARRERA (BBQSystems) Porriño
NAVUXIL S.L. Porriño
NOVELEC RÍAS BAIXAS, S.L. Porriño
CENTRO DE DÍA REDONDELA SL Redondela
Erica Vicente Velasco (LABORATORIO ESTETICO DENTAL-LABERICAVICENTE) Redondela
Farmacia María Dolores Pereiro Álvarez Redondela
RESIDENCIAL GALEON, S.L. Redondela
ALEJANDRO GONZALEZ SOUTO (TALLER DE VEHÍCULOS) Salceda de Caselas
JOSE LORENZO E HIJOS S.L. Soutomaior
3G ASESORES C.B. Tomiño
NAV & GER TOMIÑO, S.L. Tomiño
Alola Publicidad S.L. Tui
AMORALIA S.L Tui
ANTOBAL, S.L. Tui
BODEGAS CORISCA S.L. Tui
Equipamientos y servicios deportivos Nauticalia S.L. Tui
GRUPO ENERGALICIA, S.A. Tui
HERMANITAS DE ANCIANOS DESMPARADOS RESIDENCIA SAN TELMO Tui
Mª Teresa Ubeira Santoro (O PELOURO) Tui
SOCIEDAD ELECTRICISTA DE TUY, S.A. Tui
2MARES DEMIL S.L. Vigo
ACR ASESORES S. COOP. GALEGA Vigo
Adentra Desarrollo Profesional, S.L.U Vigo
agua de mayo marketing S.L. Vigo
Alejandro Fernández Palicio (ESTUDIO DE ARQUITECTURA) Vigo
AMBITO DE APLICACION , S.L Vigo
Ampplio Gestión Empresarial, S.L. Vigo
Anubía Soluciones en la Nube, s.l. Vigo
ASESORIA ESTUDIO EMPRENDEDOR SLU Vigo
ASM SOFT S.L. Vigo
ASM SOFT S.L. Vigo
Asociación Xaruma Vigo
ATENDO CALIDADE S.L Vigo
AULA ESTUDIO FORMACION PRACTICA, S.L. Vigo
AULATEL FORMACIÓN Y CONSULTORÍA S.L. Vigo
AUTO ESCUELA DEZA S.L. Vigo
AYCAR PROYECTOS E INSTALACIONES S.L. Vigo
BINOMIO COMUNICACIÓN C.B. Vigo
Canal Uno de Comunicación S.L Vigo
CAPITEL ARQUITECTURA INGENIERIA E INNOVACION S.L. Vigo
Casa Luz de Aldán, S.L. Vigo
CLICTIC S.L. Vigo
COLEGIO LAR, S.L. Vigo
COLEGIO SAN JOSE DE LA GUIA SIERVAS DE SAN JOSE Vigo
COMERCIAL PERNAS, S. L Vigo
CONECTA COMUNICACIONES Y MEDIOS, S.L. Vigo
Contextos Informacion Estrategia y Comunicacion, SL Vigo
CON-VENCE FORMACION Y CONSULTORIA, S.L. Vigo
COOPERATIVA DE ARMADORES DEL PUERTO DE VIGO SOC. COOP.GALL Vigo
Deltia, SL Vigo
Deltia, SL Vigo
DIGIAUTO S.L. Vigo
DOSAES GROUP,S.L. Vigo
Editorial Galaxia S.A. Vigo
Editorial Galaxia S.A. Vigo
EDUCATIC GAP PUE S.L. Vigo
EIL CORMO INTEGRAL SLU Vigo
ENXENIA, S.L. Vigo
EQUANTIA GLOBAL BUSINESS, S.L. Vigo
ESCAYOLAS DO ALBA S.L. Vigo
ESCUELA ARONDOS FORMACION,SL Vigo
ESMERARTE INDUSTRIAS CREATIVAS, S.L. Vigo
ESQUIO INGENIERIA S.L. Vigo
ESQUIO INGENIERIA S.L. Vigo
EXTERNIA CONSULTORIA Y FORMACION, S.L. Vigo
FEMXA FORMACIÓN, S.L. Vigo
FEMXA FORMACIÓN, S.L. Vigo
FERNANDEZ Y TERZADO ASOCIADOS SL Vigo
FOROX INNOVACION S.L. Vigo
FOROX INNOVACION S.L. Vigo
FOROX INNOVACION S.L. Vigo
FRANCISCO ESTEVEZ ALONSO (ASESOR ECONOMISTA) Vigo
FUNDACIÓN ESPECIAL NOVACAIXAGALICIA OBRA SOCIAL Vigo
FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN Vigo
Fundación Menela Vigo
G12 GRUPO EMPRESARIAL DE SERVICIOS Vigo
GESTORIA ADMINSTRATIVA PALLARES, S.L.U. Vigo
GRAÑA SAUDE SL Vigo
Hacce Soluciones TIC SL Vigo
HERMANOS ALFARO S.L. Vigo
HERRERA MARKETING DIGITAL, S.L. Vigo
HUMBERTO LOMBA & ASOCIADOS, S.L. Vigo
IDEARA S.L. Vigo
IMAGEN, HOSTELERIA Y OFICINAS, S.L. Vigo
Imagina Ingenio SL Vigo
INFI Consultores, C.B. Vigo
Ingeniería Gallega de Sistemas Automatizados,S.L. Vigo
INTECO INGENIERIA AVANZADA S.L. Vigo
INTECO INGENIERIA AVANZADA S.L. Vigo
IPBRICK SOLUCIONES INFORMÁTICAS S.L. Vigo
IVONPOUSA ASESORES FINANCIEROS, S.L. Vigo
JG PROJECT, GESTIÓN TECNOLOGÍA Y MARKETING SL Vigo
LA FE PREVISORA COMPAÑIA DE SEGUROS S.A Vigo
LARPRO ENGINEERING, S.L. Vigo
MACROSISTEMAS S.A. Vigo
makari sa Vigo
Marexada. Deporte, Lecer e Cultura S.L. Vigo
Marexada. Deporte, Lecer e Cultura S.L. Vigo
MARGARITA RIVELA VILLAZA (CENTRO DE ESTÉTICA) Vigo
MARIA PAZ ABRIL GOMEZ (FARMACIA) Vigo
María Ríos Carballeira (ESTUDIO ARQUITECTURA) Vigo
Maribotones C.B Vigo
MÍGUEZ RÚA AVOGADOS S.L.P. Vigo
MISIONERAS DIVINO MAESTRO Vigo
Montserrat Amieiro Fonseca Vigo
OFTEGA AB SL Vigo
Ohmium Ingeniería Industrial, s.l. Vigo
Óscar Silveira Pío (GESTORÍA) Vigo
PARKAPP SL Vigo
PETRILLA TECH S.L. Vigo
PIÑEIRO PEDRIDO ASESORES, S.L. Vigo
Pompas Funebres del Atlantico S.A Vigo
Pompas Funebres del Atlantico S.A Vigo
PORTAL DE FORMACIÓN Y SERVICIOS PARA PYMES SL Vigo
PREVISONOR, S.L. Vigo
QUALITYNOVA CONSULTORES SL Vigo
QUATTRO ASESORIA DE EMPRESAS, S.L. Vigo
RENOVGAL, S.L. Vigo
Silvana Domínguez Redondo (Farmacia). Vigo
SMG SERVICES & CONSULT SL Vigo
SOLTEC INGENIEROS S.L Vigo
SONDARA SOLUCIONS, S.L.N.E. Vigo
sonia paz cueto (Tatarina Ocio Infantil) Vigo
Teresa de Jesús Muñoz Gómez (CENTRO DE ESTUDIOS AGORA) Vigo
TICCO INGENIERIA, SLUP Vigo
TORVIGO SUMINISTROS INDRUSTRIALES S.L. Vigo
TSM GALLEGA DE AUTOMOCIÓN SL Vigo
Vidahora S.L. Vigo
VIGO MOVILIDAD SL Vigo
xestion laboral guimarce sl Vigo

 

- Publicidade -spot_img