Preséntase na Guarda o tren turístico que unirá esta vila e a de Caminha ata o vindeiro outono

presentase-na-guarda-o-tren-turistico-que-unira-esta-vila-e-a-de-caminha-ata-o-vindeiro-outono

O Alcalde da Guarda e o Presidente de Caminha presentaron hoxe o tren turístico que unirá as dúas vilas.

O tren turístico é unha alternativa de entretemento para os visitantes que se achegan ata Caminha e A Guarda e que aproveitan esta oportunidade de percorrer as vilas empregando un tren que incluirá as explicacións dunha guía.

Hoxe mércores 12 de abril tivo lugar no entorno do porto pesqueiro a presentación do tren turístico que dará a coñecer A Guarda e Caminha aos visitantes ata o vindeiro outono. Neste acto estiveron presentes os medios de comunicación galegos e portugueses e os representantes das Asociacións de empresarios da Guarda e da Confraría de Pescadores de Santa Trega.

Segundo indicou Roberto Martínez, xerente da empresa do tren turístico, durante estas  primeiras semanas o tren realizará diferentes percorridos para definir os horarios e recorridos máis adecuados en función do tráfico e do horarios do ferry. Ademais a empresa manterá encontros co sector da restauración e así poder ofertar paquetes turísticos máis completos. Xa que a previsión é que o tren turístico se manteña ata mediados de outubro en funcionamento. Polo que se ofrecerán diferentes percorridos e horarios para os visitantes e de paquetes turísticos xa pechados para grupos concertados.

presentase-na-guarda-o-tren-turistico-que-unira-esta-vila-e-a-de-caminha-ata-o-vindeiro-outono

Para as datas de Semana Santa, de xoves a domingo, o tren turístico ofrecerá recorridos polo casco urbano da Guarda con saídas ás 10.00, 11.00 e 12.00. E aqueles que queiran visitar a vila de Caminha cruzando o Miño co ferry terán dúas saídas. A primeira saída é ás 13.00 e regreso ás 15.00h e a segunda saída é ás 17.00 e regreso ás 19.00h. Estes horarios  foron desexados debido ao funcionamento do ferry. Todas as saídas serán dende o porto, xunto ao monumento ao mariñeiro e a lonxa.

Tags:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies