spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPreséntase en Nigrán o Programa Emprego Inclusivo, unha formación práctica ideal para...

Preséntase en Nigrán o Programa Emprego Inclusivo, unha formación práctica ideal para persoas desempregadas

presentase-en-nigran-o-programa-emprego-inclusivo-unha-formacion-practica-ideal-para-persoas-desempregadasOnte tivo lugar a presentación oficial do Programa Emprego Inclusivo, que dará comezo coa actividade formativa de “Auxiliar de Comercio”, impulsada pola Fundación Érguete-Integración e promovida pola Deputación de Pontevedra coa colaboración do Concello de Nigrán e o Consorcio  Zona Franca de Vigo.

Ao acto acudiron Carmen Avendaño Otero, como presidenta da Fundación Érguete, Juan González Pérez, alcalde de Nigrán e Teresa Pedrosa Silva, Delegada do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo. É a primeira vez que a Fundación Érguete leva a cabo un programa de emprego nesta localidade.

Serán 20 (18 mulleres e 2 homes) as persoas que desfrutarán desta acción formativa. O curso está orientado a persoas desempregadas, que se formarán para traballar en tendas, supermercados e grandes superficies comerciais, especialmente enfocado cara ás empresas da área de influencia de Nigrán.

presentase-en-nigran-o-programa-emprego-inclusivo-unha-formacion-practica-ideal-para-persoas-desempregadasCarmen Avendaño, o alcalde de Nigrán, Juan González e Teresa Pedrosa animaron aos 20 participantes, que durante 2 meses asistirán ao programa formativo no Centro de Negocios, para mellorar  as sus competencias profesionaiss de cara a lograr un emprego.

Fai tres meses que se fixo pública a compra de 8.500 metros cadrados de terreos co obxectivo de habilitar un novo centro comercial. Teresa Pedrosa destacou que o proxecto xerará arredor de 185 postos de traballo, por iso o Concello de Nigrán decidiu apostar por esta formación. En palabras de Juan González, alcalde de Nigrán: “ O curso non garante un posto de traballo de maneira automática, pero si que amplía as posibilidades de acadalo ao proporcionar unha cualificación específica e ao mesmo tempo residir en Nigrán”.

Pola súa banda, Carmen Avendaño falou de resultados de empregabilidade dentro da Fundación: “Os cursos de Érguete acadan un 72% de inserción laboral”. Tamén falou de solidariedade e do importante que é traballar non só para un mesmo, se non para a colectividade, poñendo como exemplo a súa loita e a de tantas outras nais contra a lacra da droga. “A solidaridade é o prinicipio para mellorar a solidaridade” subliñou.

Finalmente quiso compartir lembranzas das suas experiencias e unha mensaxe, “As cousas difciles de la sociedad hay que saberlas compartir  también hay que saber con quien se comparten, por que eso ayuda mucho, ayuda a superar los complejos, las indecisiones, las vergüenzas, la vida es muy complicada, dá muchos palos de una forma o de otra   y yo os pido que,-la experiencia a mi me lo ha dicho- que compartir con otros de forma clara y sincera alivia y mejora para poder afrontar los problemas”

Fundación Érguete-Integración

A Fundación Érguete-Integración traballa para que as persoas sen emprego consigan a súa mellora social, laboral e de vida, a partir do achegamento ao emprego, ofrecendo servizos de información, sensibilización, orientación, formación e intermediación cos distintos axentes sociais da nosa comunidade, e coa participación dun equipo multidisciplinar de profesionais  implicados plenamente no devandito obxectivo.

- Publicidade -spot_img