spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPresentado o Plan Integral de Vixilancia en estradas secundarias na provincia

Presentado o Plan Integral de Vixilancia en estradas secundarias na provincia

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello Bufill, acompañado polo capitán do subsector de Tráfico da provincia, Leovigildo Villares Yáñez, e a xefa provincial de Tráfico, María Isabel Alonso de Liñaxe Calzada, presentou esta mañá o Plan Integral de Vixilancia en estradas secundarias da provincia.

Dada a antigüidade do parque circulante e as condicións climatolóxicas adversas desta época do ano, a DXT iniciou unha intensificación da vixilancia para reducir o risco de estar involucrado nun accidente. Esta vixilancia especialmente intensa concentrarase nas estradas secundarias, onde durante todo este ano seguíronse producindo a maioría dos accidentes mortais e ao redor do tres comportamentos de maior risco, tanto por separado como combinados: velocidade, alcol e drogas.

Así, o novo plan contempla a realización de controis de velocidade con radares móbiles que percorrerán, de forma intensiva, este tipo de vías nas que se producen o 80% dos accidentes mortais.

O subdelegado sinalou que na provincia de Pontevedra participarán 40 patrullas diarias e un helicóptero, en misións de vixilancia e denuncia dos máis frecuentes factores de risco en estradas secundarias: adiantamentos antirreglamentarios, condutas temerarias, distraccións e excesos de velocidade.

- Publicidade -spot_img