Presentación en Tomiño da ESCOLA EU RURAL e do itinerario de actividades para 2017 “Cos pés na terra”.

presentacion-tomino-da-escola-eu-rural-e-do-itinerario-actividades-2017-cos-pes-na-terraA Presidenta da Asociación de Desenvolvemento Rural MAIV – Baixo Miño e alcaldesa de Tomiño, Sandra González, presentou en Tomiño a ESCOLA EU RURAL e o programa de actividades para 2017.

A Escola EU RURAL concíbese como un instrumento que permitirá á ADR canalizar iniciativas de formación e accións de difusión e sensibilización en materia de desenvolvemento rural dirixido á poboación e todos os sectores e colectivos sociais do territorio de competencia.

No acto, no que tamén participou a presidenta da Asociación de Cultivadores Baixo Miño (ACUBAM), Patricia Rodríguez, foi presentado un itinerario formativo conxunto, promovido por ambas entidades e denominado “Cos pés na terra”.

Trátase dun conxunto de actividades de información e demostración subvencionadas polo FEADER no marco do PDR Galicia 2014-2020, que se executarán no segundo semestre de 2017 e primeiro trimestre de 2018, dirixidas á poboación e persoas traballadoras do medio rural e centradas fundamentalmente no ámbito agrario, forestal e agroalimentario.

Entre as actividades dirixidas ao ámbito agrario e o viveirismo, se encontran  accións sobre preparación de solos, podas e coñecemento das variedades de froiteiras atlánticas; realización de  enxertos en plantas de verán e de inverno; sistemas de control de pragas e uso de productos fitosanitarios ou sistemas de uso eficiente da auga nas explotacións. Como complemento destas actividades está tamén prevista unha visita a explotacións en Asturias relacionadas co aproveitamento de especies froiteiras atlánticas.

Igualmente se levarán a cabo accións dirixidas ao fomento da actividade económica no medio rural, como son as sesións para o coñecemento de ferramentas de emprendemento ou unha xornada centrada no networking relacionado coa venda.

As accións executaranse principalmente no concello de Tomiño e terán un forte carácter práctico, coa colaboración de viveiros da zona. Poderán participar nas accións persoas de todo o territorio de competencia da ADR MAIV-Baixo Miño previa inscrición e admisión de acordo cos criterios de selección establecidos. A inscrición pódese efectuar a través da web www.eurural.org.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies