spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaPortos de Galicia aproba os plans de usos de muros de Panxón,...

Portos de Galicia aproba os plans de usos de muros de Panxón, Bueu-Beluso e A Guarda-A Pasaxe

portos-galicia-aproba-os-plans-usos-muros-panxon-bueu-beluso-e-guarda-pasaxe
A Pasaxe – A Guarda

Os documentos definen os usos e actividades que se desenvolven en cada un dos peiraos e zonifica o solo para o desenvolvemento de cada actividade

 A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de aprobar os documentos de Delimitación de Espazos e Usos Portuarios (DEUP), o chamado Plan de Usos, dos portos de Panxón (Nigrán), Bueu-Beluso e A Guarda-A Pasaxe. O Consello de Administración do ente público ratificou na súa última reunión estes plans que permiten unha mellor planificación e explotación do solo portuario.

O DEUP recolle o ordenamento do solo e a distribución das actividades que se desenvolven no dominio público portuario. Deste xeito, define os usos e actividades que se realizan en cada caso e zonifica o solo portuario para o desenvolvemento futuro das distintas actividades que conviven nos peiraos.

A Delimitación de Espazos e Usos Portuarios é unha actuación encamiñada a mellorar a relación entre os portos e as vilas que os acollen, unha das liñas de traballo permanente de Portos de Galicia que, a día de hoxe, ten aprobada unha trintena de plans para outros tantos portos autonómicos.

Deste xeito, o ente público avanza na cohesión entre o tecido urbano e as infraestruturas portuarias, de modo que poidan beneficiar non só aos usuarios directos, senón tamén ao conxunto da cidadanía. Así mesmo, establece unha planificación e zonificación das diferentes actividades que conviven no peirao, a medio e longo prazo.

 

- Publicidade -spot_img