Política Lingüística e a UVigo entregan os premios de poesía, relato curto e tradución literaria

politica-linguistica-e-a-uvigo-entregan-os-premios-de-poesia-relato-curto-e-traducion-literariaA Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Universidade de Vigo, recoñecen a calidade lingüística e a creatividade do alumnado no marco da celebración das Letras Galegas 2018

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Universidade de Vigo (UVigo) entregaron hoxe pola mañá os Premios de Poesía, Relato Curto e Tradución Literaria 2018, no marco da celebración das Letras Galegas e do convenio de colaboración asinado polas dúas institucións en materia de normalización lingüística. Os galardóns, que recolleron Noa Rodríguez Méndez, polo poemario As espiñas do ourizo; Francisco Javier Fernández Davila, polo relato K.A.R.M.A.; e Manuel Arca Castro, pola tradución dun texto de Raymon Carver, recoñecen a calidade lingüística e a creatividade do alumnado.

No acto de entrega participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o reitor en funcións, Salustiano Mato; a filla de María Victoria Moreno, Begoña Llácer; a profesora Ana Acuña e o director da Área de Normalización Lingüística da UVigo, Paulo Cabral.

Ademais destes primeiros premios en cadansúa categoría, dotados cunha contía de 700 euros, o xurado outorgou dous accésit de 250 euros en cada unha das modalidades: en poesía a Francisco Javier Fernández Dávila, por Dama de auga, e a Nicolás Vázquez Ben por Seis paseos; en relato curto a Lucía del Río González, por Unha muller é unha muller; e a Xosé Sobral, por O dominio da auga; e en tradución literaria a Moncho Iglesias Míguez e a Nancy Cuquejo Araújo, por senllas traducións de textos de Rupi Kaur e Chantal Cahour, respectivamente.

Please follow and like us:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies