O patrimonio e a historia de Tui centran as once visitas guiadas previstas no mes de decembro

arquitectura-educativa-e-cidade-historica-tui-centran-as-visitas-culturais-guiadas-desta-fin-semanaOnce visitas xerais sobre historia e patrimonio e outras máis temáticas centran o programa de visitas culturais gratuítas que organiza o Concello de Tui para o mes de decembro.

A primeira visita será hoxe mesmo, 1 de decembro, ás 19.15h, dende a Praza da Inmaculada co título a “Cidade Histórica”. Na mesma abordarase a evolución da cidade ao longo de 800 anos dende o urbanismo medieval, que marca o aspecto actual da cidade.

Tanto mañá sábado coma o domingo as visitas centraranse na época medieval. Mañá  percorrido  “As murallas medievais” realizarase un paseo  murallas fernandinas do século XII, no que os asistentes poderán ver tanto o perímetro amurallado coma outros elementos configuradores da personalidade da cidade en moitos dos tramos. Xa o domingo a visita “Cidade medieval” permitirá recoñecer o trazado medieval que perdura dende o século XII até a actualidade con moitas das vivendas e edificios que marcan ese período histórico.

A próxima cita será o martes 5 na que “As rúas gremiais” serán as protagonistas cun paseo pola   rúas Cuenca, Entrefornos, San Telmo… que na Idade Media e até o século XIX mantiñan no seu nome as profesións dos distintos gremios.

O mércores 6 “O criptoxudaísmo en Tui” será o título da visita a realizar na que se poderá coñecer a presenza das familias xudeu conversas na cidade a partir do século XVII, a través das marcas de cruces e outros elementos que perduran en moitas vivendas.  A “Arquitectura carceraria na cidade histórica”, a “Comuna xudía medieval”, “As prazas públicas da cidade histórica” e a “ Cidade medieval” será  obxectivo das visitas previstas para xoves, venres, sábado e domingo.

O programa de visitas guiadas que comezou o pasado mes de xuño concluirá o día 16 co percorrido “A arte e o Nadal en Tui” cun paseo que nos achegará a distintos elementos do patrimonio tudense vinculado as festas de Nadal.  Todas as visitas sairán ás 19.15h dende a Praza da Inmaculada e serán guiadas polo historiador tudense Suso Vila.

Programa previsto:

*Saída ás 19.15h dende a Praza da Inmaculada

Venres 1 – Cidade histórica

Sábado 2 – As murallas medievais

Domingo 3 – Cidade medieval

Martes 5 – As rúas gremiais da cidade

Mércores 6 – O criptoxudaísmo en Tui

Xoves 7 – Arquitectura carceraria na cidade histórica

Venres 8 – Comuna xudía medieval

Sábado 9 – As prazas públicas da cidade histórica

Domingo 10 – Cidade medieval

Venres 15 – Cidade histórica

Sábado 16 – A arte e o Nadal en Tui

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies