Paloma Bravo Alonso, gaña o concurso do deseño da camiseta das Letras Galegas, organizado polo Concello de Tomiño

Paloma Bravo Alonso, de Sobrada, gaña o concurso do deseño da camiseta das Letras Galegas, organizado polo Concello de TomiñoUn ano máis a OMIX de Tomiño conmemora o 17 de maio con enxeño e creatividade arredor da lingua galega. Por esta razón convocou unha nova edición do concurso de deseño da camiseta do Día das Letras Galegas 2018.

A Oficina Municipal de Información Xuvenil recibiu NOVE DESEÑOS, resultando gañadora PALOMA BRAVO ALONSO, que será premiada cun libro da escritora homenaxeada este ano nas Letras, María Victoria Moreno, dúas camisetas; e difusión nas redes sociais e nos medios de comunicación.

A gañadora é unha moza de 23 anos, veciña da parroquia de Sobrada, que estuda Linguas Estranxeiras na Universidade de Vigo. Comenta que esta é a primeira vez que se presentou ao certame cun deseño resultado de “pensar en cousas que tiveran que ver coa lingua e co feito mesmo de aprender”. O logo, que leva por lema “Ensíname a túa lingua”, é un libro aberto do que saen planetas, animais, instrumentos musicais, árbores e moitas outras cousas que fan parte da nosa vida.

Todas as persoas que participen nas actividades organizadas polo Concello, serán agasalladas cunha camiseta.

Actos 17 de maio Praza do Seixo

O 17 de maio Tomiño encherase de actividades lúdicas e educativas, organizadas polo Concello para conmemorar esta data tan importante. Coma en anos anteriores, haberá grandes descontos na venda de libros en galego.

As actividades comezarán ás 10.30h coa venda de libros e a oferta de obradoiros relacionados coa figura da escritora cacereña María Victoria Moreno, á que se lle adica este ano o día das letras.

Ás 12:30h actuará a Agrupación Musical de Goián e pola tarde haberá teatro na Casa de Cultura. As actividades son para todos os públicos. Desenvolveranse dende as 10.30h até as 14.30h (obradoiros e concerto). Feira do Libro todo o día na Praza do Seixo.

Please follow and like us:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies