spot_img
InicioVal MiñorNigránPaiasos, acróbatas, trapecistas e malabaristas de reconocido prestixio na quinta edición do...

Paiasos, acróbatas, trapecistas e malabaristas de reconocido prestixio na quinta edición do festival Novo Circo en Nigrán

Paiasos-acróbatas-trapecista-malabaristas-reconocido-prestixio-quinta-edición-festival-Novo-Circo-Nigrán

O Concello de Nigrán programa dende mañá venres ao domingo a quinta edición do festival Novo Circo con catro actuacións en diferentes ubicacións. Paiasos, acróbatas, trapecistas e malabaristas de reconocido prestixio se darán cita no municipio nunha primeira representación o venres ás 20,30 horas no paseo de Panxón, o sábado con doble sesión en Panxón (20,30) e na Praza do Concello (23,00 horas) e, finalmente, o domingo en Praia América (xunto a escola de vela). Trátase dun espectáculo familiar e para disfrutar de xeito distendido, por iso se recomenda aos asistentes acudir con coxíns ou toallas para sentarse directamente no chan.

A gala-homenaxe ‘Juan Juanín’ será o sábado ás 23,00 horas na Praza do Concello

O Novo Circo centrará as catro funcións nas súas cinco disciplinas básicas: malabares, acrobacias, aéreos (sobre corda, trapecio e tela), equilibrios e clown. En total participan 40 artistas de toda a península e de países como Brasil.

Esta quinta edición é especial para a compañía e para o Concello, xa que o sábado ás 23.00 horas na Praza do Concello celebrarase unha gala-homenaxe ao seu artista Juan Juanín (Juan Silva Pequeño) veciño de Nigrán nacido en 1982 e falecido o 7 de decembro de 2014. Nesta gala participarán máis dunha ducia de artistas con números feitos ex profeso para esta ocasión e cun espectáculo de danza africana, polo que a función extenderase ata unha hora e cuarto aproximadamente.

- Publicidade -spot_img