spot_img
InicioBaixo MiñoOuro, prata e bronce para o Club Remo do Miño na 38ª...

Ouro, prata e bronce para o Club Remo do Miño na 38ª edición da Regata Miño Internacional – XIV Copa Presidente da Deputación

Nunha mañá espléndida para a práctica do Remo Olímpico, celebrouse nas augas do Miño, a “38 Regata Miño Internacional – XIV Copa Presidenta da Deputación de Pontevedra”. Unha regata onde se reuniron ao redor de trescentos remeiros e numeroso público, onde uns na auga, e outros desde terra, gozaron deste magnífico día de remo.
Tamén estiveron presentes diferentes autoridades, tanto civís como militares, que ao final da proba deron os galardóns aos campións. No Catro Absoluto Feminino, as gañadoras foron as grandísimas remeiras do Sport Club do Porto, seguidas do SC Caminhense e entrando en terceiro lugar Remadores do lima. Nesta categoría remaron as xuvenís do Club Remo do Miño, quedando en quinto lugar.
Na seguinte proba – 8 veteranos -, os grandes vencedores foron os veteranos do ARRAUN LAGUNAK de San Sebastián, seguidos do club anfitrión, o Club Remo do Miño e en terceira posición entraría o histórico club Infante D. Enrique.
No Catro Scull absoluto Masculino, os gañadores foron os anfitrións, a tripulación do Club Remo do Miño que dominou a proba desde o principio con moitísima autoridade, seguidos polos novos remeiros do Club Remo Tui e en terceira posición entraría a tripulación de remadores do Lima. Aquí tamén participarían dúas tripulacións do Club Remo do Miño. Unha delas composta por dúas remeiras e dous mozos cadetes, quedando no posto número 15 e outro equipo veterano que quedaron no posto 16.
Xa na proba reina o 8+ absoluto, gañaría a proba o equipo do fluvial Portuense do Porto, seguido do SC Caminhense e en terceiro lugar a tripulación anfitrioa do Club Remo do Miño. Aquí tamén participarían por primeira vez outra tripulación do Club Remo do Miño. Novos remeiros que empezaron a remar nos cursos de verán e que non o fixeron nada mal.
Ao finalizar o acto, o vicepresidente do club D. José Prada Álvarez, en nome do presidente do club D. José Luis Méndez García ,que non puido asistir por estar convalecente, agradeceu a todos os participantes e ás autoridades a súa presenza nesta 38º edición do Miño Internacional e XIV Copa presidenta da Deputación, emprazándoos para a próxima edición. A deputada Provincial Montserrat Magallanes, falou en representación da Presidenta da Deputación, dando o parabén aos organizadores da proba, indicando que a Deputación se congratula de promocionar e proxectar un deporte como o Remo Olímpico. Pechou o acto o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, agradecendo a participantes, autoridades e todo o público que se achegou ata o rio para ver a proba e dando o parabén ao Club Remo do Miño, pola organización.
- Publicidade -spot_img