spot_img
InicioVal MiñorBaionaOs novos bancos de Baiona, xa locen no novo miradoiro do porto...

Os novos bancos de Baiona, xa locen no novo miradoiro do porto pesqueiro

os-novos-bancos-de-baiona-xa-locen-no-novo-miradoiro-do-porto-pesqueiroOs novos asentos atópanse na fronte urbana do porto pesqueiro de Baiona e permiten contemplar a fortaleza de Monterreal e a baía sen obstáculos.

Cada vez son máis os lugares con vistas espectaculares nos que se decide poñer un banco. Pero pódese ir moito máis alá e Baiona non se conforma con colocar un simple banco, senón que instalou tres e con forma de estrela de cinco puntas e luminosos no mellor dos escenarios.

Operarios municipais procederon no día de onte á instalación do novo mobiliario urbano, que quedou integrado na contorna do novo miradoiro duns 500 metros cadrados na nova alameda e que pasou a ocupar o lugar da fileira de colectores que actuaba como barreira visual nun lateral orientado cara á Ribeira. “Nos lugares con encanto como o é Baiona a rúa é un lugar para relacionarse e gozar… o espazo público foi sempre un lugar de encontro e descanso e isto témolo moi claro no Concello por iso quixemos completar a obra do porto pesqueiro con estes singulares bancos”, destacou o Alcalde.

Os novos bancos teñen forma de estrela de cinco puntas, evocan tanto á imaxe dunha estrela de mar ou unha estrela do firmamento que facían de guía aos navegantes no pasado. Na zona xa existen outros catro bancos convencionais pero o Concello quixo dar un toque máis informal e modernista á zona cos novos que ademais se iluminarán pola noite, dando tamén máis luminosidade á zona.

O novo mobiliario urbano está pensado para que o gocen todos aqueles que necesiten descansar e tamén aqueles que queiran deleitarse coas espectaculares vistas que ofrece. Desde os anciáns, as familias con nenos, os adolescentes atraídos pola súa peculiar forma… O seu obxectivo é regalar a todos os veciños e visitantes un lugar onde sentar, gozar das mellores panorámicas da nosa localidade, e tamén, por que non fotografalos e facelos famosos máis aló das nosas fronteiras.

Máis aló de chegar ao banco, acomodarse e pousar ante a cámara do móbil, estes bancos atópanse coroando un lugar espectacular, digno de ver, coñecer en profundidade e gozar ao completo.

- Publicidade -spot_img