spot_img
InicioO SalnésOs nenos da Ludoteca de Ribadumia visitan a fábrica Conservas de Cambados...

Os nenos da Ludoteca de Ribadumia visitan a fábrica Conservas de Cambados e o Salón José Peña

nenos-Ludoteca-Ribadumia-visitan-fábrica-Conservas-Cambados-Salón-José-Peña

A Consellería de Medio Rural e Mar en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Ribadumia organizaron hoxe para os nenos da Escola de Ocio de Verán  unha visita á conserveira da comarca Conservas de Cambados.

A actividade enmárcase dentro do Programa de Fomento de Consumo das Conservas para nenos da Consellería de Medio Rural e Mar

Os pequenos, de idades comprendidas entre 5 e 11 anos, puideron coñecer a elaboración das conservas da mellor forma posible: en primeira persoa.

IMG_8582 (Copiar)Esta visita forma parte da “Campaña para o fomento do consumo da conserva de produtos mariños entre os nenos e nenas”, iniciativa da Consellería do Medio Rural e do Mar que ten por obxectivo incidir e equilibrar as dietas alimenticias, fundamentalmente nas idades infantil e xuvenil, así como valorizar e fomentar os produtos da pesca e a acuicultura de Galicia.

Dentro da visita os pequenos puideron coñecer as técnica de lavado, corte  e todo o proceso necesario dende que o peixe chega á fabrica ata que sae envasado. O obxectivo é que a partir de aí os nenos poidan construír a súa aprendizaxe sobre as conservas de peixes a base de coñecer a elaboración, aspectos nutricionais, etc. e valorar tanto o seu A actividade enmárcase dentro do Programa de Fomento de Consumo das Conservas para nenos da Consellería de Medio Rural e Marsabor como o valor nutricional que aportan.

A cita completouse finalmente coa visita ao Centro de Exposicións e Congresos José Peña, onde os pequenos coñeceron como se facía antigamente a elaboración de conservas e onde disfrutaron dunha merendola a base de conservas.

Remata a Escola de Ocio e Tempo Libre de verán

Esta foi a última actividade dos pequenos da Escola de Verán, que clausurará mañá as actividades co festival de despedida da Escola. Os pequenos disfrutarán dun contacontos e dunha merendola antes de representar as coreografías que levan preparando todo o verán.

Os pais poderán acudir á cita mañá a partir das 12 da mañá e o acto rematará sobre as 13:30 horas.

Dende o Concello de Ribadumia recórdase tamén  que continúa aberto o prazo de inscrición tanto do Plan Madruga como da Escola de Ocio, dúas alternativas para os pais que permiten deixar aos seus fillos no centro escolar desde as 7:30 horas ata a tarde.

A documentación recóllese nas oficinas do Concello de Ribadumia e o prazo de inscrición está aberto ata o 31 de agosto.

- Publicidade -spot_img