spot_img
InicioBaixo MiñoOs Muiños do Folón, escenario do primeiro Trail Adventure que disputarase no...

Os Muiños do Folón, escenario do primeiro Trail Adventure que disputarase no Rosal

os-muinos-do-folon-escenario-do-primeiro-trail-adventure-que-disputarase-no-rosalHoxe presentouse no restaurante La Pintora o primeiro TRAIL MUÍÑOS DO FOLÓN que terá lugar o vindeiro 4 de marzo e que espera consolidarse no tempo como unha das máis importantes de Galicia nesta disciplina.
Estiveron presentes a alcaldesa do Rosal, María del Carmen Alonso, o delegado de Deportes da Xunta,  Daniel Benavides, a Directora de Caixabank no Rosal, o coordinador da proba, Serafín Martínez e o guía da andaina, Juan Ramón Martínez. Todos coincidiron no amplo respaldo de participantes e na importancia desta iniciativa para O Rosal.
Mª Carmen Alonso, quiso agradecer “especialmente aos patrocinadores, sin eles sería imposible e sobre todo a Sera, organizador de todo isto que despois de moitos anos intentando fazer esta proba e ao final foi posible. Animar a todo o mundo a que conozcan zona”
Pola súa banda, Serafín Martínez,  dixo”queremos demostrar que estamos a altura de fazer un gran evento, e a zona o merece”. Daniel Benavides, “aquí todo é atrainte, esta é unha oportunidade para todos e hacer deporte e turismo”
Xa confirmaron a súa asistencia 300 participantes. O peche das inscricións será o vindeiro mércores día 28. Segundo informaron os organizadores, na proba poderán participar como máximo 400 persoas.
A competición é unha das máis vistosas, polo seu paso polos Muiños do Folón e do Picón, declarado ben de interese turístico nacional, así como por zonas como a capela de San Martiño, curro da Valga ou o río dá cal.
 
O Trail Adventure Muíños do Folón se disputará o día 4 de marzo e ten abertas as inscricións ata o vindeiro mércores. Poden facerse en https://championchipnorte.com/evento/detalle/id/1374/trail-adventure-muinos-do-folon-2018
 
A proba consta de distancias, unha de 21 quilómetros ( Advance) e outra de 12 ( Adventure). A saída da proba será á dez da mañá a proba longa e media hora despois a curta. O trazado destaca por algunhas zonas de dificultade, pero tamén pola beleza paisaxística da contorna. Esta é a primeira edición, polo que supón un aliciente especial para todos os participantes. Á cita acudirán os mellores especialistas desta modalidade. Tamén está prevista unha ruta de sendeirismo Juan Ramón Martínez é o responsable da súa coordinación
- Publicidade -spot_img