spot_img
InicioVal MiñorBaionaOs concellos galegos integrantes de Vilas Mariñeiras revalidan o seu compromiso coa...

Os concellos galegos integrantes de Vilas Mariñeiras revalidan o seu compromiso coa asociación en Baiona

concellos-galegos-integrantes-Vilas-Mariñeiras-revalidan-seu-compromiso-asociación-Baiona

O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, e a Concelleira de Turismo, María Iglesias Fernández, reuníronse en Baiona cos concelleiros de turismo do resto de concellos galegos integrantes da Asociación Vilas Mariñeiras. Á cita acudiron os concelleiros de Sanxenxo, Jesús Sueiro, Ortigueira, Ana María Fojón e Viveiro, María Soidade Rei.

O encontro serviu para que os novos representantes políticos dos municipios revaliden o seu compromiso coa Asociación Vilas Mariñeiras

O Alcalde de Baiona animou aos novos concelleiros a continuar con este proxecto: “Estou convencido de que todos os integrantes galegos da asociación Vilas Mariñeiras desexamos axuntar esforzos e continuar con esta singular idea”.

Na cita puxéronse en común propostas e alternativas que fortalezan tanto a oferta turística como a captación de visitantes aos municipios antes de comezar unha nova etapa, así como homoxeneizar a información dos lugares de interese turístico que se expón desde a nosa comarca na actualidade.

A Vila de Baiona está integrada na asociación desde a súa fundación no ano 2000. A incorporación das outras localidades galegas que integran a alianza foi posterior, en torno ao ano 2006. Desde entón os municipios galegos levan loitando por este proxecto común, batallando porque se coñezan estes lugares cheos de tradición e cultura sempre ligados ao mar.

Todas estas Vilas (Baiona, Sanxenxo, Ortigueira e Viveiro) teñen en común unha serie de características: clima, gastronomía, paisaxe, e fundamentalmente un produto turístico asociado ao mar. Pero ao mesmo tempo contan cunha forte personalidade propia que diferencia a cada unha das súas compañeiras, conformando unha oferta variada e coherente

Desde cada un dos concellos púxose todo o empeño para que estas peculiaridades coñézanse máis aló das súas fronteiras.

O Concello de Baiona, como unha dos municipios fundadores de Vilas Mariñeiras, aproveitou a cita para orientar nesta nova andaina da asociación aos novos edís que han valorada moi positivamente a reunión. Segundo palabras dos concelleiros foráneos foi unha reunión moi frutífera que lles serviu para decatarse da importancia que supón para un municipio formar parte da Asociación Vilas Mariñeiras.

Tras a reunión o Alcalde de Baiona xunto co resto dos concelleiros dos 3 municipios galegos fixeron un percorrido pola vila. Pasearon polo casco antigo, deténdose con especial atención no Museo Casa da Navegación. Tamén visitaron o museo flotante da Carabela Pinta, o Paseo Ribeira.

 

- Publicidade -spot_img