spot_img
InicioPontevedra e ÁreaOs concellos do Val Miñor organizan un ano máis a súa tradicional...

Os concellos do Val Miñor organizan un ano máis a súa tradicional Festa da Bicicleta

os-concellos-do-val-minor-organizan-un-ano-mais-a-sua-tradicional-festa-da-bicicletaUn ano máis, os concellos que conforman o Val Miñor, Baiona, Nigrán e Gondomar, organizan a xa tradicional Festa da Bicicleta, coincidindo co Día das Letras Galegas, sendo este ano a edición número XXIX.

Os primeiros en saír serán os participantes de Baiona, ás 10:15 da mañá desde o Parque da Palma, para realizar o percorrido ata Gondomar, onde recollerán aos ciclistas do municipio ás 11:00 na Praza do Concello.

A saída desde Nigrán será ás 11:30 desde a Praza do Concello, para atoparse os pelotóns dos tres municipios na Ramallosa e comezar o percorrido todos xuntos ata o Parque da Palma de Baiona.

O obxectivo desta marcha ciclista non é outro máis que fomentar a práctica deportiva de todos os cidadáns xa que non se poñen límites para participar, unicamente ter máis de 7 anos e estar capacitado para facer 15 Km. en bicicleta e ter ganas de pasar un día de lecer e diversión en familia, percorrendo as rúas do Val Miñor en compañía dos veciños do Val para celebrar un acto de carácter popular e deportivo.

Entregarase á totalidade de participantes un pequeno avituallamiento para repoñer forzas e sortearanse bicicletas e moitos agasallos entre todos os asistentes.

A novidade do presente ano será que se montará no Parque da Palma unha gymkana a partir das 11:00 por parte de “A Pedalería” para os máis pequenos e así desta maneira que todos os críos independentemente á idade poidan participar do Día da Bicicleta no Val Miñor.

Para garantir a seguridade dos ciclistas ponse en marcha un dispositivo policial común para todo o Val Miñor así como outro paralelo de Protección Civil Val Miñor para asegurar ao máximo a seguridade dos pelotóns.

As inscricións realizaranse 40 minutos antes da saída en cada un dos tres puntos o mesmo día do evento, momento no que se entregará o dorsal, cuxo número valerá para participar no sorteo de agasallos.

- Publicidade -spot_img