Os actos oficiais do 525 aniversario e de apertura da Arribada trasládanse ao Parador polas previsións meteorolóxicas

baiona-programa-festa-da-arribada-mais-grande-da-sua-historia-motivo-do-525-aniversario-da-chegada-da-pintaOs actos oficiais do 525 aniversario e de apertura da Arribada trasládanse ao Parador polas previsións meteorolóxicas. O resto da programación mantéñense sen ningún cambio.

O Parador Conde de Gondomar de Baiona acollerá este venres os actos oficiais do 525 aniversario e de apertura da XXII Festa da Arribada coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo e a Presidente do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, entre outros.

A apertura da Festa da Arribada celebrarase finalmente no Parador para non deslucir o acto oficial debido as previsións meteorolóxicas. Desta forma, esta programación marcada para a tarde do venres terá como escenario as instalacións baixo cuberta. Así, ás 17.15 horas, levará a cabo a recepción de autoridades e invitados e ás 17.30 horas, no Salón Medieval, chegará a quenda de intervencións de autoridades. Posteriormente será o momento da homenaxe ao capitán da carabela A Pinta coa ofrenda de coroas e a interpretación de himnos, para finalizar cos disparos de salvas polos canóns da Fortaleza.

Xa o sábado, ás 11.30 horas, no Paseo da Ribeira, haberá unha visita ás paradas dos pobos irmáns: Palos de la Frontera, Santa Fe, Pornic, Vila do Bispo e Baiona, e ás 12.00 horas celebrarase o Gran Desfile Medieval polo Real Mercado coa participación de toda a animación da Festa da Arribada. Pero o primeiro acto da XXII Festa da Arribada tivo lugar o pasado martes coa inauguración do VI Ciclo de Conferencias “Pobos Colombinos de España”, onde o Doutor en Historia e Premio Planeta, Juan Eslava Galán, inaugurou con gran éxito o ciclo de conferencias co seu relatorio sobre “Os Segredos de Colón”. Moitos foron os que se achegaron para escoitar a súa sabedoría abarrotando o salón medieval do Parador. Onte foi a quenda de José Luis Curral, Catedrático de Historia Medieval da Universidade de Zaragoza, cunha charla que ten por título “De América a Baiona: A Continuación do espírito de Reconquista”, con gran acollida por parte do público. Hoxe é a quenda de Fernando García de Cortázar que falará do “Canto a unha España Americana” e que poñerá o broche de final un excepcional cartel de conferencias con prestixiosos historiadores de gran renoconocimiento. O último relator é catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Deusto e director da Fundación Vocento. Foi condecorado coa Orde do mérito Constitucional de España e a Orde das Palmas Académicas de Francia.

Xa o venres, ás 12.00 horas, na Igrexa de Santa María de Baiona, haberá unha Misa Solemne e acto seguido a Ofrenda de Coroas ante a Cruz de Evangelización de América. Ás 13.00 horas, acollerá a entrega da distinción honorífica de “Filla Adoptiva de Baiona ”a título póstumo a Dª Pilar Pulgar Frade ( Exalcaldesa de Palos de la Frontera e primeira alcaldesa nomeada polo Rey Don Juan Carlos I na democracia).

O resto da programación mantéñense sen ningún cambio. Segundo as previsións meteorolóxicas dan choivas ocasionais e se concretamente estas prodúcense xusto no momento no que estaba previsto algún espectáculo, este quedará suspendido momentaneamente ata que o tempo permita levalo a bo termo.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies