spot_img
InicioVal MiñorBaionaOlimar, un dos principáis operadores turísticos alemán, interésase por Baiona

Olimar, un dos principáis operadores turísticos alemán, interésase por Baiona

olimar-dos-principais-operadores-turisticos-aleman-interesase-baionaDoce axentes da axencia Olimar percorren a Vila para recadar información e ofrecer paquetes turísticos

Baiona recibiu nas últimas horas a visita de doce axentes de Olimar Reisen, un dos principais operadores de Alemaña, para coñecer a Vila e recadar información que ofertará en paquetes turísticos que teñan como destino a comunidade galega.

O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañaron ao grupo de Olimar no seu percorrido polo Casco Histórico e outros puntos de interese coma a Carabela Pinta amarrada no porto baionés.

“Trátase dunha visita moi importante para Baiona, posto que o mercado alemán é un dos que ten maior relevancia en Galicia e tanto o noso patrimonio cultural como o clima, as nosas praias e Camiño Portugués pola Costa son factores de moito peso á hora de elixir un destino”, apuntou o alcalde de Baiona

Os axentes representan ao operador turístico Olimar e están a percorrer parte de Galicia para coñecer recursos, produtos e servizos turísticos característicos da comunidade galega ao obxecto de recadar información para desenvolver paquetes que teñan como destino Galicia. Pertencen a un operador turístico, Olimar, que é un dos máis importantes de Alemaña e conta con 10.000 oficinas repartidas por todo país.

“Están na busca de destinos para ofrecer aos seus clientes e traballan a diario con viaxeiros que decántase por lugares cun turismo de alta calidade, polo que Baiona está moi ben posicionada”, explica Nava Castro.

En canto ao peso deste mercado no turismo en Galicia, Alemaña sitúase en segundo lugar por detrás de Portugal cunha cota do mercado turístico do 8,9% e no primeiro cuadrimestre do ano superou nun 10% a cifra de viaxeiros aloxados nos establecementos turísticos galegos en relación ao mesmo período do ano anterior.

- Publicidade -spot_img