spot_img
InicioVal MiñorBaionaUn óleo sobre acuarela coa Baía de Baiona, parte da doazón do...

Un óleo sobre acuarela coa Baía de Baiona, parte da doazón do pintor Cristino González ao Concello

oleo-acuarela-coa-baia-baiona-parte-da-doazon-do-pintor-cristino-gonzalez-ao-concelloO pintor Cristino González cede ao Concellode Baiona e á Confraría, un óleo sobre acuarela e sete fotografías da baía, tras a súa exposición na Capitanía Marítima

Un óleo sobre acuarela coa Baía de Baiona e sete fotografías da actividade das mariscadoras serán expostas nos edificios municipais do Concello de Baiona despois de que o pintor Cristino González decidise doar as obras de forma altruísta.

“Decidín ceder as miñas obras en agradecemento ao excelente trato que me deron tanto o Concello de Baiona como a Confraría de Pescadores cando puiden expoñer na Capitanía Marítima”, explica o autor tras entregar o cadro e as imaxes. Cristino González, asturiano de nacemento e vigués de adopción, foi o protagonista da mostra que estivo aberta dende o 15 ao 30 de xuño.

A Fortaleza de Monte Boi, o Parador Conde de Gondomar, Monteferro, as Illas Estelas e as Cíes inspiraron ao autor no seu óleo. Pintor tardío, tal e como se define, estudou co recoñecido Mingos Teixeira e agora busca paisaxes mariños que lle sirvan de inspiración. Tras recibir o encargo de expoñer en Baiona, decidiu pintar a baía e esa obra cedela ao Concello.

“Estamos moi agradecidos a Cristino pola súa xenerosidade e buscaremos o lugar apropiado para que as súas obras poidan lucir aos ollos de todos os baioneses”, apuntou a concelleira de Cultura, María Iglesias.

Ademais do óleo sobre acuarela, o pintor tamén decidiu regalar sete fotografías á Confraría de Pescadores en agradecemento igualmente á colaboración prestada durante a súa mostra e as imaxes serán expostas na Casa-Museo da Navegación de Baiona. “Son tamén afeccionado á fotografía e puiden retratar ás mariscadoras no propio porto e na praia da Ladeira, polo que parecíame apropiado que elas tiveran no seu poder algunha das fotos”, engade Cristino.

- Publicidade -spot_img