spot_img
InicioVal MiñorNigránObradoiro CAB e Asociación Deportiva Basketgal firman en Nigrán un convenio de...

Obradoiro CAB e Asociación Deportiva Basketgal firman en Nigrán un convenio de colaboración

O vindeiro sábado día 28 de Maio terá lugar o acto de clausura das ligas Basketgal-xogade nas categorías pekebasketgal, benjamín, alevin e infantil-cadete.

A xornada organizada pola Asociación deportiva BASKETGAL coa colaboración do CB NIGRÁN e o Concello de Nigràn contará coa participación dos niñ@s que disputaron os campionatos esta tempada.

Durante a mesma entregaranse medallas participativas aos nenos e nenas, así como os trofeos aos primeiros, segundos e terceiros clasificados, finalizando co sorteo de varios agasallos entre os participantes.

Ao acto asistirán o alcalde de Nirán e outras autoridades asì como representantes do Obradoiro CAB como Pepe Casal, Oriol Yunyey e Arten Pustovyi , teito do obradoiro con 2,19 de altura que entregarán as medallas e trofeos aos niñ@s.

Aproveitando a presenza na clausura de representantes do Obradoiro CAB está prevista á finalizacion do sorteo de agasallos , a firma do convenio de colaboración entre a Asociación Deportiva BASKETGAL e OBRADOIRO CAB polo cal e entre outras cousas, os posibles equipos conxuntos que poidan formarse entre alumn@s dos asociados en Basketgal para diaputar lugas federadas, competiran nas mesmas co nome Basketgal- Obradoiro, para o cual desde a asociación xa realizaron adestramentos conxuntos nos ultimos meses.

O convenio posibilitarà tamén visitas de xogadores e técnicos do equipo ACB a colexios da área así como descuentos e promocións nas mesmas condicións que os equipos de canteira do club, asi como a asistencia aos campos oficiais.

- Publicidade -spot_img